Joan Clos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Joan Clos | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Joan Clos i Matheu | ||
Data de nacemento: | 29 de xuño de 1949 | ||
Lugar de nacemento: | Parets del Vallés, Cataluña | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Partido político: | Partit dels Socialistes de Catalunya | ||
Cargo(s): | Alcalde de Barcelona (1997 - 2006) Ministro de Industria, Comercio e Turismo (2006 - 2008) |
||
Profesión: | Médico e político |
Joan Clos i Matheu, nado en Parets del Vallés o 29 de xuño de 1949, é un político catalán que foi alcalde de Barcelona desde setembro de 1997 ata setembro de 2006 e dende ese momento ata abril de 2008, ministro de Industria, Comercio e Turismo de España.
Graduado na primeira promoción da Universidade Autónoma de Barcelona, Joan Clos cursou os seus estudos no Hospital de Sant Pau de Barcelona. Traballa no Centro de Análise e Programas Sanitarios (CAPS) unha vez licenciado en Mediciña. Tras varios anos de exercicio profesional como anestesista, cambia radicalmente a súa traxectoria profesional e se orienta cara á epidemioloxía, a medicina comunitaria e a xestión de recursos sanitarios. Cursa estudos de especialización na Universidade de Barcelona e en Estados Unidos e en 1977 estuda Saúde Pública e Epidemioloxía na Universidade de Edimburgo. Entre os anos 1981 e 1991 fuoi presidente da Sociedade Española de Epidemioloxía e da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria.
En 1979 integrouse no goberno municipal de Barcelona como director dos Servizos Sanitarios. En 1983 resultou elixido concelleiro deo Concello de Barcelona pola lista do PSC. Foi responsable da Área de Saúde Pública. En 1987 foi nomeado Concelleiro do distrito de Ciutat Vella. Catro anos despois, en 1991, foi nomeado segundo tenente de alcalde, con responsabilidade directa sobre o ámbito de Organización, Economía e Facenda.
O 26 de setembro de 1997 substitúe a Pasqual Maragall como alcalde de Barcelona. En 1999 foi elixido para un mandato de catro anos, sendo reelixido nas eleccións municipais celebradas o 25 de maio de 2003.
O seu mandato como alcalde está caracterizado pola concepción, preparación e celebración do controvertido primeiro Fórum Universal das Culturas, celebrado en Barcelona no verán de 2004, e a conseguinte reurbanización da área do Besós e Diagonal Mar. Un proxecto de reordenación urbanística dez veces maior ó que experimentou a cidade con motivo dos Xogos Olímpicos de 1992. Tamén puxo en marcha o proxecto 22@ , un novo barrio tecnolóxico que se constrúe sobre o vetusto Poblenou, e a remodelación de La Sagrera ante a inminente chegada do tren de alta velocidade (AVE) á cidade condal.
En setembro de 2006 cesa na alcaldía de Barcelona tras nove años de mandato, ó ser nomeado polo presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, como novo ministro de Industria, Comercio e Turismo. Substituíu nese cargo ó líder do PSC José Montilla, que deixou o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para liderar as listas do PSC nas eleccións ó Parlamento de Cataluña que se celebraran o 1 de novembro de 2006. O seu sucesor á fronte da alcaldía de Barcelona foi Jordi Hereu i Boher. En abril de 2008 foi substituído como ministro por Miguel Sebastián.
[editar] Ligazóns externas
Predecesor: Pasqual Maragall |
Alcalde de Barcelona 1997 - 2006 |
Sucesor: Jordi Hereu |
Predecesor: José Montilla |
Ministro de Industria, Turismo e Comercio 2006 - 2008 |
Sucesor: Miguel Sebastián |