Imperio Austrohúngaro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
||
Bandeira |
Escudo |
|
Capital | Viena e Budapest |
|
---|---|---|
Forma de goberno | Monarquía | |
- 1867 — 1916 | Francisco Xosé I | |
- 1916 — 1918 | Carlos I | |
Historia | ||
- Establecemento | 8 de xuño de 1867 | |
- Extinción | 1918 |
O Imperio Austrohúngaro (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso Austrohúngaro que reconoñecía ó Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco, a partires dese intre, Austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52.799.000 habitantes.
O que fora o Imperio Austrohúngaro se reparte hoxe en día en trece estados europeos que son na actualidade as nacións de Austria, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Bosnia-Herzegovina e as rexións de Voivodina en Serbia, Bocas de Kotor en Montenegro, Trentino-Alto Adige e Trieste en Italia, Transilvania e parte do Bánato en Romanía, Galitsia en Polonia e Rutenia (rexión Subcarpática na Ucraína).
[editar] Cronoloxía do Imperio Austrohúngaro
1867 : Compromiso Austrohúngaro
1879 : Alianza de Austria-Hungría e o Imperio Alemán.
1882 : Italia únese á alianza.
1892 : Entra en circulación a coroa de ouro.
1907 : Entra en vigor o sufraxio masculino para todo home maior de 24 anos.
1907 : Primeiras eleccións en Austria. Novo compromiso entre Austria e Hungría.
1908 : Anexión de Bosnia-Herzegovina.
1912 : Serbia e Bulgaria forman unha alianza contra o Imperio Austrohúngaro.
1914 : O arquiduque Francisco Fernando e a súa esposa Sofía Chotek son asasinados en Saraxevo por un terrorista serbobosnio. A declaración de guerra de Austria-Hungría a Serbia provoca declaracións de guerra en cadea dando inicio á Primeira Guerra Mundial.
1915 : O Imperio Austrohúngaro declárase disposto a ceder a rexión de Trieste. Asínase o Tratado de Londres, segredo entre Reino Unido, Francia, Rusia e Italia: Italia cambia de bando obtendo Trieste como incentivo.
1916 : En plena guerra o emperador Francisco Xosé I morre tras 68 anos de reinado.
1917 : O novo emperador, Carlos I, tenta conseguires a paz por separado con Francia, sen resultado.
1918 : Carlos envía a Guillerme II de Alemaña un telegrama anunciándolle o fin da alianza.
- 28 de outubro, proclámase a república de Checoslovaquia.
- 31 de outubro, secesión de Hungría.
- 3 de novembro, armisticio entre o Imperio Austrohúngaro e os aliados.
- 7 de novembro, proclámase a república de Polonia (que se adxudica a rexión austríaca de Galitzia)
- 16 de novembro, proclámase a república de Hungría.
- 1 de decembro, as rexións do sur do Imperio únense a Serbia e Montenegro formando o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.
- 24 de decembro, unificación de Transilvania e Romanía.
1919 : O Imperio Austrohúngaro queda totalmente disolto tralos tratados de Saint-Germain e Trianon.