Ilamatepec
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ilamatepec (ou Volcán de Santa Ana) | |
---|---|
Elevación: | 2.381 m (7.812 pés) |
Coordenadas: | 13.853° N 89.630° W |
Ubicación: | O Salvador |
Cordilleira: | Cordilleira de Apaneca |
Tipo: | Estratovolcán |
Última erupción: | 1920 |
O volcán Ilamatepec (tamén chamado Santa Ana) é un volcán situado no Departamento de Santa Ana do Salvador. As súas últimas erupcións ocurreron en 1920 e en 1904. Ten unha altura de 2.381 metros sobre o nivel do mar e é un dos puntos máis altos do país.
O Ilamatepec está situado na cordilleira de Apaneca, dentro dun bosque de montaña nuboso e tropical, nunha rexión cultivadora de café, a uns 65 kilómetros ao oeste da capital. As principais actividades da rexión son a agricultura e o turismo.
Desde agosto de 2005 presentou a actividade típica de moitos volcáns previa a unha erupción e estímase que esta podería ocorrer antes de finais de 2005. O sábado 1 de outubro ás 8:00 am (GMT-6) hora local, houbo unha explosión, na que o volcán expulsou polos ceos cinza e rochas. Así mesmo, un alude de auga quente comezou a descender do cráter matando polo menos dúas persoas e forzando a evacuación da zona de San Blas.