Hannóver - Hannover
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos, vexa: Hannóver (homónimos).
Hannover é unha importante cidade de Alemaña, capital de distrito e de rexión no estado de Baixa Saxonia. Ten aproximadamente medio millón de persoas de poboación.
Desde que Xurxo I ocupa o trono de Inglaterra ata que Guillerme IV morre, Hannover comparte monarca co Reino de Inglaterra. Deixaría de ser reino independente en 1866 cando foi anexionada por Prusia.
Durante a Segunda Guerra Mundial foi arrasada polos bombardeos aliados, logo quedaría no lado oeste e polo tanto na RFA. No ano 2000 acolleu a Exposición Universal.