Fontao, Vila de Cruces
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santiago de Fontao é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 173 habitantes (88 mulleres e 85 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.
Lugares da parroquia de Fontao no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|
Aguiar | Os Baños | A Brea | O Cruceiro | O Novo Poboado | Os Salgueiros | Vilar |
Na parroquia localízase o antigo poboado mineiro de Fontao, onde residían os mineiros que explotaban a mina próxima de volframio que estivo aberta de 1934 a 1963 e de 1968 a 1973, no período de máximo explendor entre 1939 e 1945 o poboado contaba con 3000 habitantes, unha clínica hospitalaria, tres cines, trinta e tres bares e un café-teatro; os 800 reclusos políticos durmían no cárcere. O poboado proxectárono os arquitectos César Cort e Basilio Blas en 1954.
Na actualidade todas as antigas vivendas dos traballadores da mina están reconstruidas, o proxecto de reconstrución foi obra do Instituto Galego de Vivenda e Solo, sendo innauguradas polo Ex-Presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga Iribarne.