Epiceno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un substantivo animado é epiceno cando designa tanto a un individuo masculino como feminino independentemente do xénero gramatical do substantivo. Por exemplo: ourizo, gorila, aguia, rata. No caso de que sexa necesario distinguir o sexo, pódese recorrer a un artigo ou adxectivo: un/unha gorila, pero unha aguia macho e unha aguia femia.
Etimoloxicamente, epiceno vén da locución grega ἐπίκοινος, que significa "común".