Clima oceánico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O clima atlántico ou oceánico é propio das zonas templadas con gran dinamismo de correntes mariñas e ventos.
Caracterízase por unhas temperaturas suaves e abundantes chuvias por mor da proximidade ao Océano, nas costas occidentais dos continentes. Os invernos son suaves e os veráns frescos cunha oscilación térmica anual pequena (10ºC de media). As precipitacións son abundantes e están ben distribuídas aínda que cun máximo hibernal.
[editar] Rexións con clima oceánico
En Europa pódese atopar nas comunidades españolas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e algunhas zonas dos Pirineos occidentais. Así mesmo como en Francia e os países do noroeste europeo.
O clima áchase ademais no sur de Chile, na costa central de Arxentina, en Nova Zelanda, Tasmania, Canadá, e Estados Unidos.