See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ceo - Wikipedia

Ceo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O ceo visto de día
O ceo visto de día

O ceo é a parte do espazo que aparece sobre a terra como unha bóveda que limita co horizonte. O cénit é o punto do ceo que se corresponde coa vertical do lugar, e o seu oposto denomínase nadir.

En astronomía, ceo é sinónimo de esfera celeste: unha bóveda imaxinaria sobre a cal se distribúen o Sol, as estrelas, os planetas e a lúa. A esfera celestial divídese en rexións denominadas constelacións.

En meteoroloxía o termo ceo fai referencia á zona gasosa máis densa da atmosfera dun planeta.

Tamén aparecen fenómenos naturais como son as nubes, os arco da vella, aurora boreal e relampos (que se poden ver durante tormentas eléctricas). Como resultado das actividades humanas, a néboa vese a miúdo sobre cidades durante as primeiras horas do día.

Índice

[editar] Visión e cores do ceo

A cor do ceo é fundamentalmente o resultado da radiación difusa, unha interacción da luz solar coa atmosfera. Nun día claro, o ceo do noso planeta vese azul celeste, e pódese divisar o sol e as nubes que poden chegar a tapar á estrela. Durante o amencer e ao solpor, o horizonte varía entre a cor laranxa e a vermello. Á chegada da noite o ceo é dun azul moi escuro, case negro, e pódense ver as estrelas, a Lúa e pode que ata algún planeta veciño.


[editar] A cor azul do ceo

Ao ollarmos cara o ceo, no canto de ver o negro do espazo, vémolo normalmente, de día, dunha cor azul. Isto é debido á dispersión de Rayleigh no ar. Sendo a dispersión de Rayleigh inversamente proporcional á cuarta potencia da lonxitude de onda, isto significa que potencia a dispersión da luz de lonxitude de onda mais curta, que corresponde no espectro visible co azul. Do mesmo xeito pero con efecto contrario, ao ollarmos cara o Sol ao solpor, a luz que nos chega leva percorrido unha porción de atmosfera moito maior, co cal a parte do espectro visible de lonxitude mais curta xa se dispersou quedando os laranxa e vermellos, para ficar case ao fin do solpor somente os tons vermellos.

[editar] Ceos Oscuros

Ceos Oscuros é o nome habitual dado á campaña para reducir e finalmente eliminar tanta contaminación lumínica do planeta como sexa posible. A campaña está liderada pola International Dark Sky Association (IDA) e apoiada por organizacións de moitos países.


[editar] Etimoloxía

Ceo ao solpor
Ceo ao solpor

A palabra ceo procede do latín cælum que implica unha forma circular e contén unha connotación de pureza e de perfección harmoniosa.

[editar] Concepcións relixiosas do ceo

Pola súa grandiosidade, o ceo está presente en múltiples relixións e mitoloxías.

[editar] Ceo bíblico

Hai varios ceos espacíficos mencionados na Biblia: o ceo onde se atopa o trono de Deus ao cal Xesús ascendería, visto por Santo Estevo. Ese sería o ceo onde os anxos e Satanás están. Na Biblia fálase incluso dos "ceos dos ceos" na Epístola aos Romanos) e que haberá "novos ceos".

[editar] Ceo na mitoloxía romana e grega

Ceo (Caelus) era a divindade romana equivalente na mitoloxía grega a Urano. Fillo e marido de Tellus, a Terra nai, equivalente na mitoloxía grega Gaia. Pai de Saturno (grego Crono) e doutros titáns: Oceano, Críos, Hiperión, Xápeto, Tea, Rea, Temis, Mnemósine, Febe, Tetis; dos Hecatónquiros: Coto, Briareu e Xixes; dos Ciclopes: Brontes, Estéropes e Arxes; das Erinias; dos Xigantes; das Ninfas Melianas e de Venus (grego Afrodita).

A función de Urano na mitoloxía grega é a de derrotado deus dun tempo pasado, antes de que o tempo real comezase. Tras a súa castración, o Ceo non volveu a acudir a cubrir a terra pola noite, senón que ocupou o seu lugar.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -