Cebú
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A illa de Cebú, chamada A Raíña do Sur, é a illa principal da Provincia de Cebú, na Rexión Visayas Central VII, do arquipélago das Visayas, nas Filipinas. Sitúase entre as illas de Luzón ao norte, Bohol e Leyte ao leste separadas polo Estreito de Cebú, Mindanao ao sur e Negros e Palawan, ao oeste. Dista 630 km ou 392 millas de Manila
Índice |
[editar] Principais datos
- A illa sitúase entre os 9º 25’ e os 11º 15’ de latitude Norte e os 123º 13’ e 124º 5’ de lonxitude Este.
- O Fuso Horario é GMT 8 horas. En hora local, amence ao redor das 6:00 e atardece ás 18:00.
- Ten unha superficie de 4.422 km² ou 1.867 millas cadradas, sendo a novena en extensión do arquipélago. Ten 225 km (140 millas) de lonxitude Norte-Sur e 35 km de anchura este-oeste.
- Ten unha poboación aproximada de 3 millóns de habitantes.
- Os principais núcleos de poboación son Cebú City, Bogo, San Remigio, Medellín e Daanbantayan.
- Os seus habitantes chámanse Cebuanos (en cebuano: Sugbuanon)
[editar] Clima
Pertence á Zona Climática Tropical
- Estacións:
- Tempada Seca: de Novembro a Xaneiro
- Tempada Húmida: de Febreiro a Outubro
- Precipitacións: 1.500 mm/ano
- Humidade media anual: 83%
- Temperatura media anual: 30º C.
- Rango diúrno de Temperaturas: 26º C a 38º C.
- Temperatura mínima nocturna: 18º C (no Período Frío de Outubro a Febreiro).
[editar] Xeografía
- Formación:
- A illa de Cebú formouse no período Carbonífero, fai 350 millóns de anos.
- Sismoloxía e Vulcanismo:
- Nun arquipélago caracterizado polo vulcanismo e a actividade sísmica, a illa de Cebú pertence á zona de inactividade, co que só sofre pequenos terremotos. O de maior entidade dos últimos anos foi en 1991 cunha magnitude de 4 na escala Richter. Non houbo vítimas mortais.
- Orografía:
- A illa de Cebú caracterízase pola predominacia de terras altas, sen cuberta vexetal, con alturas superiores aos mil metros, aínda que existen algunhas zonas de planicie na zona Norte da illa.
- Hidrografía:
- Debido á súa Orografía e á forte deforestación, cerca do 60% das precipitacións son de escorrentía.
[editar] Economía
A minería, a exportación de mobles e bixutería e o tráfico portuario de Cebú City, constitúen as principais fontes de ingresos da illa.
Na zona central da illa destacan as minas de:
[editar] Historia
Na etapa de descubrimento e colonización hispana, pódense distinguir dúas fases:
- Magalláns:
- En marzo de 1521 Magalláns desembarca nun poboado de pescadores chamado Zubu ou Sugbu, sendo ben recibidos polo xefe da illa, que logo de 8 días, foi bautizado, con varios centenares de súbditos. En agradecemento, e para confirmar a alianza, Magalláns atacou a veciña illa de Mactán, onde achou a morte.
- Logo da morte dos seus sucesores Duarte Barbosa e Serrano, as naves Trindade e Vitoria abandonaron a illa rumbo ás Molucas.
- Legazpi:
- En 1563 Filipe II de España rei das España, ordena ao vicerrei de Nova España, Luís de Velasco a organización dunha expedición ao Arquipélago de San Lázaro, nome inicial das Filipinas, que foi encomendada a Miguel López de Legazpi, que partiu de México o 21 de novembro de 1564, acompañado do cosmógrafo e mariño frei Andrés de Urdaneta e doutros catro agostiños, que foron os primeiros evanxelizadores do arquipélago filipino.
- En marzo de 1565 Legazpi arriba ás Filipinas. O 27 de abril de 1565, encabezando un grupo de 380 homes de armas e de mar, desembarca na illa de Cebú, e toma posesión da mesma en nome da Coroa española. O 8 de maio de 1565 procede a fundar a Vila de San Miguel, actual Cebú City, constituída en capital dos dominios hispanos e base da expansión e conquista das Filipinas ata a fundación de Manila en 1571.