Bernardo Lecocq
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bernardo Lecocq Onesy (A Coruña, 10 de febreiro de 1734 - Montevideo, Uruguai, 7 de decembro de 1820), enxeñeiro militar español; estivo logo da proclamación de independencia ao servizo das novas autoridades.
[editar] Biografía
Nado na Coruña en 1734, de pai flamengo e mai irlandesa, ingresou no exército. En 1770 estaba en América no virreinato da Prata. En 1773 estivo destinado na fronteira da Banda Oriental (actual Uruguai), dirixindo en 1776 as obras de fortificación na cidade de Montevideo e outras obras. Proclamada a independencia, Lecocq ficou na Arxentina, para pasar máis tarde (1812) a Montevideo onde faleceu en 1820.