Ballymena
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ballymena (An Baile Meánach, "Vila do medio" en irlandés) é unha vila de 30.000 habitantes de maioría protestante do condado de Antrim, Irlanda do Norte, no Reino Unido.
[editar] Historia
As primeiras referencias á rexión onde hoxe está a vila datan do século V: en 1576 a raíña Sabela I entregoulle a rexión a Thomas Smith, que levou colonos ingleses; pero fracasou e as terras reverteron á coroa. No século XVII a rexión pasou a William Adair, señor do suloeste de Escocia que construíu un castelo. En 1704 a poboación da vila de Ballymena era de 800 persoas. En 1740 queimouse o castelo e en 1765 fundouse un asentamento moravio. En 1834 Ballymena tiña 4.000 habitantes