Ary Barroso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ary de Resende Barroso (Ubá, 7 de novembro de 1903 — Río de Xaneiro, 9 de febreiro de 1964) foi un compositor brasileiro.
A súa obra máis coñecida é Aquarela do Brasil, que iniciou o xénero samba-exaltação. Gañou o diploma da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de Hollywood pola banda sonora do filme Você já foi à Bahia? (1944), de Walt Disney.