Amendoeira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Amendoeira | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Prunus dulcis | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A amendoeira (Prunus dulcis) é unha árbore da familia das rosáceas. O seu froito é a améndoa.
A amendoeira é unha árbore de entre 6 e 12 metros de altura, de talo liso verde e castaño de novo, pasa a grisallo e lañado de adulto. As follas son simples, lanceoladas, estreitas e remate en punta, de cor verde luminosa e beiras dentadas. A flor, pentámera, preséntase solitaria ou en grupos de 2 a 4, é de cor branca ou rosada. Os froitos en forma de drupa oblonga. A árbore pode vivir de 50 a 80 anos. A súa madeira é de boa calidade, emprégase en ebastinaría, típica de climas cálidos, tolera mal o frío
A árbore menciónase na Biblia como orixinario de Palestina, aínda que semella ser Persia o primeiro lugar onde se cultivou, os xudeus levárono a Exipto e os gregos introducírono en Europa, os árabes espallárono por todo o Mediterráneo. Nas mediadas do século XIX chegou aos Estados Unidos, hoxe o primeiro produtor mundial de améndoas.
Nome en diferentes linguas: