Agolada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Agolada | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Agolense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Pontevedra |
Comarca: | Deza |
Área: | 147,8 km² |
Entidades de poboación: | 24 parroquias e 165 lugares |
Capital do concello: | Agolada |
Latitude e lonxitude: | 42° 45' 46' ' N 8° 1' 9' ' O |
Altitude máxima: | Monte Farelo (sueste do concello) - 952,6 m. |
Altitude mínima: | Encoro de Portodemouros (noroeste do concello) - 242,4 m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2006) | |
Poboación: | 3.286 hab. |
Densidade: | 22,23 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | 98,95 % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | 93,63 % |
Ás veces: | 4,94 % |
Nunca: | 1,43 % |
Política (2007) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 7 (1.399 votos - 58,68 %) BNG 1 (242 votos - 10,15 %) PSdeG-PSOE 3 (731 votos - 30,66 %) Outros: - (- %) |
Alcalde: | Ramiro Varela Peón (PPdeG) |
Eleccións municipais en: Agolada |
|
Censo electoral (2007) | |
Total electores: | 3.357 - 100 % |
Votantes: | 2.396 - 71,37 % |
Abstencións: | 961 - 28,63 % |
Votos en branco: | 12 - 0,50 % |
Votos nulos: | 12 - 0,50 % |
Orzamentos (2000) | |
Total ingresos: | 2.453.605,43 € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | Praza do Concello, s/n |
Teléfono: | 986 788 063 |
Fax: | 986 788 190 |
Código postal: | 36.520 |
Correo electrónico: | golada@concellos.depontevedra.es |
www.agolada.es | |
|
|
Notas: |
Agolada é un concello da Provincia de Pontevedra pertencente á Comarca do Deza.
Limita cos concellos de: Palas de Rei, Antas de Ulla, Rodeiro, Lalín, Vila de Cruces e Santiso.
Poboación en 2004: 3.678 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (3.875 en 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Agolense
Índice |
[editar] Xeografía
Agolada está situado no centro de Galiza, na punta noreste da provincia de Pontevedra, entre o río Arnego, a Serra do Farelo e o río Ulla.
O Monte Farelo, con 952,6 metros[1], e situado na Serra do Farelo, é o punto máis alto do concello. O Ulla, que fai de límite norte do concello, é o principal río do concello; en Brocos unéselle o río Arnego antes do comezo do encoro de Portodemouros; o seu outro afluente principal é o río Deza.
O clima é oceánico interior, co inverno suave e o verán fresco. As precipitacións anuais son de 1.290 mm.
[editar] Orixe e historia
Atópanse numerosos restos do Megalítico, como o Monte das Mámoas, o Tesouro de Agolada, así como machados de pedra. Hai dous castros notorios, o castro de Buxel e o castro de Marcelín.
O seu nome procede da época romana, combinando dous lexemas latinos: aqua, aquae, "auga" e mais latus, lata, latum (supino do verbo fero, fers, ferre, tuli, latus, "levar"). Así o significado de Aqua Lata sería "auga levada", debido ás conducións hídricas que traían auga doutros lugares. O erróneo desagregamento como *A Golada procede da súa interpretación como locución artigo + sustantivo, supoñéndolle na etimoloxía popular un derivado de golada ou golete (unha indumentaria medieval), con posible influencia posterior do barbarismo "La Golada".
Desde o século VI, Agolada pertenceu ao Condado do Deza e até o século XIV pertenceu aos Condes de Deza, cando pasou aos Suárez de Deza, máis coñecidos como os Churruchaos. Máis tarde, estas terras pasaron a mans do Conde de Lemos, Pedro Enríquez de Castro.
[editar] Sociedade e economía
Evolución da poboación de: Agolada - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
4.794 | 6.432 | 7.003 | 4.786 | 3.678 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
A economía do concello é eminentemente agraria, sector no que se ocupa o 60% da poboación. As terras máis fértiles, que se dividen en parcelas de tamaño medio superior ao doutras zonas de Galiza, atópanse no fondo dos vales, onde a pendente é menor, a uns 300 m. de altitude. Ademais da agricultura de autoconsumo (millo, hortalizas, centeo e vide), comercialízanse noces, castañas, patacas e trigo.
Nas últimas décadas aumentou a cabana gandeira, nomeadamente vacas e porcos. Existe unha incipiente industria de transformación da madeira (aserradeiros).
[editar] Cultura
No Monte Farelo hai constancia da existencia noutro tempo dunha capela chamada de San Silvestre. Atópanse varias construcións notorias, ainda que en certo estado de ruína, como a fortaleza dos condes de Borraxeiros, do século XVI, a torre dos Vilar de Ferreirós, a casa de Quintela dos Arias Loureiro e a casa dos Traspenas.
[editar] Agolada na cultura popular
- As mociñas da Agolada/ non saben tascar o liño/ e andan porta por porta:/ ¡tásqueme este afuxaliño!
[editar] Personalidades importantes
- Primo Castro Vila, alcalde republicano.
- Manuel Costa Varela.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Agolada
[editar] Lugares de Agolada
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Agolada vexa: Lugares de Agolada.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Cartografía 1:5000 do Sistema de Información Territorial de Galicia, folla 122-46.
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||