Wikipedia:Actualidade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta páxina recolle os fitos máis notábeis no desenvolvemento da Galipedia. Novas da Comunidade fai un seguimento máis pormenorizado, de interese especial para os colaboradores.
Galipedia Actualidade — Galizionario Actualidade — Galifontes Actualidade — Galilibros Actualidade — Galicitas Actualidade |
A Galipedia no ano: 2007 - 2006 - 2005 - 2004 - 2003
- Gráficas actualizadas máis abaixo relativas ós fitos temporais da Galipedia, ó número de artigos totais e á porcentaxe de artigos categorizados (segundo datos desta mesma páxina).
[editar] 2008
-
- A Galipedia acada os 36.000 artigos.
-
- Con gheada, en menos dun mes o Galizionario suma 1000 entradas máis e acada as 19.000 entradas.
- 14 de maio de 2008
-
- A Galipedia acada os 35.000 artigos.
- 10 de maio de 2008
-
- Con université o Galizionario acada os 18.000 artigos.
-
- 4º aniversario do Galizionario.
- 5 de abril de 2008
-
- A Galipedia acada os 34.000 artigos.
- 5 de marzo de 2008
-
- A Galipedia cumpre 5 anos.
-
- A Galipedia acada os 33.000 artigos.
-
- A Galipedia acada os 32.000 artigos.
- 6 de xaneiro de 2008
-
- A Galipedia acada os 31.000 artigos.
[editar] 2007
-
- A Galicitas acada as 200 entradas. A entrada número 200 é Vinganza.
-
- A Galipedia acada os 30.000 artigos. O artigo co que se acadou a cifra sinalada é Convención sobre os Dereitos do Neno, creado por Alma ás 17:15.
- Nova Portada e novo Portal da comunidade, tras varios meses de traballo por parte de varios usuarios.
-
- Referencias aos 30.000 artigos:
-
- mancomun.org: A Galipedia (Wikipedia galega) supera os 30.000 artigos.
- CiberIrmandade.org: A Galipedia superou os 30.000 artigos.
- sca-informatica.com: A Galipedia (Wikipedia galega) supera os 30.000 artigos.
- chuza.org: A Galipedia supera os 30.000 artigos.
- meneame.net: La 'Galipedia' o wikipedia en gallego alcanza los 30.000 artículos.
-
- Actívanse os espazos de nomes en lingua galega.
-
- A Galipedia acada os 29.000 artigos.
-
- A Galifontes acada as 100 entradas. A entrada número 100 é Mandad'ei comigo, unha cantiga de amigo de Martín Codax.
- 6 de outubro de 2007
-
- A Galipedia acada os 28.000 artigos.
-
- A Galipedia acada os 27.000 artigos.
- 3 de agosto de 2007
-
- A Galipedia acada os 26.000 artigos.
- 27 de xuño de 2007
-
- Referencias aos 25.000 artigos: mancomun.org inclúe a nova dos 25.000 artigos: A Wikipedia galega alcanza os 25.000 artigos, chuza! tamén fai referencia á mesma. En Vieiros tamén falan dos 25.000: A wikipedia en galego supera os 25.000 artigos
- 23 de xuño de 2007
-
- A Galipedia acada os 25.000 artigos (Comezo: 8 de marzo de 2003; 29 de abril de 2005: 5.000; 13 de novembro de 2005: 10.000; 1 de maio de 2006: 15.000; 6 de decembro de 2006: 20.000; 23 de xuño de 2007: 25.000).
- O artigo O Detective Conan, con 500 revisións neste intre, é a entrada da Galipedia na que se fixeron máis edicións.
- 12 de xuño de 2007
-
- Dispoñible a interface en galego nos wikis da Fundación Wikimedia.
- 9 de xuño de 2007
-
- Publicada a primeira tradución da interface de MediaWiki en galego. Segundo as estatísticas de traducións das mensaxes do sistema nas distintas linguas o ficheiro publicado contén 550 mensaxes —dun total de 1644— o que supón un 33,45% da tradución. Das mensaxes que faltan a maioría xa están traducidas na Galipedia pero en proceso de revisión. Unha vez publicada a localización galega axiña estará dispoñible nas opcións de configuración do resto dos wikis da Fundación Wikimedia.
- 22 de maio de 2007
-
- A Galipedia acada os 24.000 artigos.
- 8 de abril de 2007
-
- A Galipedia acada os 23.000 artigos.
-
- A Galipedia acada os 22.000 artigos.
- 5 de xaneiro de 2007
-
- A Galipedia acada os 21.000 artigos.
[editar] 2006
- medianoite entre o 5 de decembro e o 6 de decembro de 2006
-
- A Galipedia acada os 20.000 artigos. O número de artigos duplicouse en menos de un ano e un mes (dende o 13 de novembro anterior).
-
- A Galipedia acada os 19.000 artigos.
-
- A Galipedia acada os 18.000 artigos.
-
- Créase o Xornal da Galipedia como un medio para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Co Xornal preténdense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores.
- 7 de agosto de 2006
-
- A Galipedia acada os 17.000 artigos.
- 28 de xuño de 2006:
-
- A Galipedia acada os 16.000 artigos.
- 23 de maio de 2006:
-
- Publícanse as novas estatísticas das Wikipedias. A Galipedia no último ano triplicou o seu número de artigos.
2006 | 2005 | |||||||
Colaboradores | Artigos | Colaboradores | Artigos | |||||
Nº | Edicións | Nº | Nº | Edicións | Nº | |||
Total | >5 | >100 | Total | Total | >5 | >100 | Total | |
pt | 2921 | 904 | 134 | 132 k | 656 | 185 | 39 | 35 k |
es | 5276 | 1821 | 257 | 118 k | 1640 | 427 | 78 | 48 k |
ca | 507 | 134 | 33 | 30 k | 208 | 68 | 13 | 14 k |
gl | 201 | 57 | 12 | 15 k | 85 | 26 | 11 | 4.9 k |
eu | 88 | 22 | 7 | 6.8 k | 21 | 6 | 2 | 2.7 k |
ast | 42 | 13 | 2 | 4.7 k | 6 | 1 | - | 3.0 k |
an | 20 | 10 | 3 | 3.2 k | 4 | 1 | - | 483 |
A cifra total de colaboradores indica aqueles que tiveron algunha actividade desde o nacemento do wiki. O número de usuarios rexistrados é moi superior a esa cifra. Na táboa tamén podemos apreciar o número de colaboradores que fixo máis de 5 edicións e máis de cen entre os meses de abril de 2005 e abril de 2006. Inclúense os datos de números de artigos, todas as wikipedias avanzan considerablemente, en proporción as que máis soben son a aragonesa, a portuguesa e a galega.
an: aragonés, ast: asturiano, ca: catalán, es: castelán, eu: éuscaro, gl: galego, pt: portugués.
Artigo | Usuario | Proxecto | Imaxe | MediaWiki | Modelo | Axuda | Categoría | Categorización | |
pt | 189 k | 5.3 k | 3.4 k | 4.2 k | 2.0 k | 4.0 k | 43 | 13 k | 90% |
es | 172 k | 9.6 k | 3.0 k | 6.1 k | 1.6 k | 5.0 k | 71 | 15 k | 86% |
ca | 43 k | 907 | 624 | 7.0 k | 1.7 k | 4.4 k | 33 | 3.0 k | 93% |
gl | 19 K | 344 | 421 | 3.5 k | 1.7 k | 1.0 k | 1 | 1.1 k | 82% |
eu | 9.5 k | 197 | 101 | 196 | 1.6 k | 502 | - | 1.2 k | 46% |
ast | 5.3 k | 138 | 81 | 129 | 1.6 k | 454 | 4 | 860 | 58% |
an | 3.6 k | 94 | 42 | 65 | 1.6 k | 229 | 3 | 258 | 99% |
Neste cadro preséntanse os datos segundo edicións nos espazos de nomes. En negriña as cifras máis altas, destacan o número de edicións no espazo principal (o dos artigos) en pt.wiki, as edicións no espazo das imaxes en ca.wiki e o elevado número de edicións no espazo de usuario en es.wiki. (Nota: os datos corresponden ao último mes)
es | pt | ast | an | ca | eu | gl |
18 | 36 | 38 | 38 | 47 | 48 | 55 |
A comparativa deste cadro permite ver a proporción entre edicións en artigos e edicións en páxinas de usuario, canto menor sexa o valor indica unha maior proporción de edicións no espazo de usuario, en consecuencia menor no espazo dos artigos. Destaca a baixa proporción en es.wiki, un valor moi alonxado do resto dos wikis. (Nota: os datos corresponden ao último mes)
pt | es | an | gl | ca | eu | ast |
91% | 90% | 87,5% | 86% | 84% | 63% | 56% |
Outro dato significativo para coñecer o valor real do número de artigos é analizar aqueles que superan os 200 caracteres. En cinco dos wikis os valores móvense entre o 84 e o 91%. No caso de ast.wiki son pouco máis do 50% os que superan a cifra.
-
- A Galipedia acada os 15.000 artigos.
- 18 de abril de 2006:
-
- Lmbuga elixido primeiro administrador en lingua galega en Commons.
- 28 de marzo de 2006:
-
- A Galipedia acada os 14.000 artigos.
- 28 de febreiro de 2006:
-
- A Galipedia acada os 13.000 artigos.
- 30 de xaneiro de 2006:
-
- A Galifontes acada as 50 entradas.
- 26 de xaneiro de 2006:
-
- A Galipedia acada os 12.000 artigos (en tan só 23 días aumentou 1.000 artigos).
- 13 de xaneiro de 2006.
-
- Coas citas de Baudelaire Galicitas chega ás 100 páxinas.
- 3 de xaneiro de 2006:
-
- As 23:10 horas a Galipedia acada os 11.000 artigos.
[editar] 2005
- 30 de decembro de 2005:
-
- Os proxectos da wikipedia en galego conteñen os seguintes materiais neste momento: Galipedia → 10.862 artigos, Galizionario → 15.135 entradas, Galifontes → 45 documentos, Galicitas → 92 entradas e Galilibros → 135 documentos.
- 10 de decembro de 2005:
-
- Xelo2004 e Lmbuga son elixidos administradores da versión galega de Wikibooks. Alyssalover e Xosé son elixidos administradores da versión galega de Wikiquote.
- 13 de novembro de 2005:
-
- A Galipedia acada os 10.000 artigos. Reseña en Código Cero - A Galipedia chega ós 10.000 artigos.
- 1 de novembro de 2005:
-
- Alyssalover publica a nova Portada da Galipedia, unha portada orientada aos lectores (inclúe Wikipedia:Artigo Destacado, Wikipedia:Sobre Galicia, Wikipedia:Imaxe da Semana). A portada orientada aos editores é o portal da comunidade. Neste enlace pode verse a portada antes de comezar cos cambios.
- 27 de outubro de 2005:
-
- Completos todos os modelos coas parroquias dos concellos de Galicia. Creadas todas as páxinas de lugares de Galicia.
- 15 de outubro de 2005:
-
- A Galipedia acada os 9.000 artigos.
- 22 de setembro de 2005:
-
- O Galizionario proxecto irmán da Galipedia acada 15.000 entradas.
Evolución da Galipedia desde o seu nacemento o 12-03-2003 ata o 26-08-2005 | ||||
Ano | Total Artigos | Aumento Artigos | Porcentaxe Aumento | |
2003 1 | 400 | 400 | -- | |
2004 2 | 3.000 | 2.600 | 650 % | |
2005 3 | 10.916 | 7.916 | 263 % | |
1 Desde o 12-03-2003 ao 05-01-2004. 2 Desde o 05-01-2004 ao 29-12-2004. 3 Desde o 29-12-2004 ao 31-12-2005 Nota: A Galipedia naceu oficialmente o 8 de marzo de 2003 e o primeiro artigo publícouse o 12 de marzo. |
- 2 de setembro de 2005:
-
- As 15:00 horas (segundo a data do sistema) levanse realizado 63.476 edicións na wikipedia galega, 56.572 edicións excluíndo as realizadas polos sistemas automáticos (bots). O 73,91% desas edicións corresponden a 13 usuarios ( Xelo2004, Xosel, Xosé, Servando, Rocastelo, Agremon, Sobreira, Adalbertofrenesi, Porto, Joao Xavier, Lmbuga, Alyssalover, Prevert ). Dos 446 usuarios rexistrados só 295 contribuíron con alomenos unha edición, deles 16 son bots.
- 31 de agosto de 2005:
-
- Segundo os novos datos estatísticos publicados (baseados no estado da Galipedia o 13 de xullo) o 70% dos artigos da Galipedia están clasificados en categorías. Dispoñemos de 766 categorías, sen contar aquelas que se inclúen automaticamente mediante modelos. Neste momento temos 553 modelos.
- 26 de agosto de 2005:
-
- A Galipedia acada os 8.000 artigos (O proxecto acada a cifra en 33 días).
- 23 de agosto de 2005:
-
- Nace oficialmente o dominio galego de wikisource con Agremon e Rocastelo como administradores.
- 23 de xullo de 2005:
-
- A Galipedia acada os 7.000 artigos.
- 10 de xullo de 2005:
-
- A Galipedia completa as entradas de todos os países do mundo.
- 3 de xullo de 2005:
-
- Actualízase este wiki á versión de 1.5 beta1 de MediaWiki.
- 16 de xuño de 2005:
-
- A Galipedia acada os 6.000 artigos. Desde o 29 de abril a base de datos aumentou en 1.000 artigos.
- 22 de maio de 2005:
-
- Nos datos estatísticos publicados hoxe correspondentes ao 16 de maio á Galipedia ocupa o número 32 (en número de artigos) no total da wikipedias (200). O número de artigos clasificados en categorías ascende ao 64% (dispoñemos de 630 categorías).
- 29 de abril de 2005:
-
- A Galipedia acada os 5000 artigos. En 41 días pasouse de 4.000 a 5.000 artigos.
- 26 de abril de 2005:
-
- No índice de utilización de timelines (gráficos de cronoloxías) nas wikipedias publicado con datos do 22 de abril aparece a Galipedia por primeira vez. A clasificación é: wikipedia inglesa (97), wikipedia alemana (95) e en terceiro lugar a Galipedia con 50. En canto á clasificación en categorías, o número de artigos clasificados aumentou ata o 54%. Nas estatísticas a wikipedia galega ocupa o posto 32 en número de artigos —sobre un total de 199 linguas—.
- 7 de abril de 2005:
-
- Comezan a engadirse cronoloxías e gráficos de estatísticas á Galipedia. Os primeiros poden verse nos artigos: URSS, Sistema operativo, Tour de Francia, Inglaterra, Galiza e Galicia, Estados Unidos de América, Limón e nesta mesma páxina.
- 29 de marzo de 2005:
-
- Creada a categoría Historia da Galipedia para reunir aqueles artigos que permiten coñecer como evolucionou este wiki.
- 25 de marzo de 2005:
-
- Reseñas sobre os 4000 artigos da Galipedia: "Galipedia": Catro milleiros de rexistros de Antonio Gregorio Montes en Vieiros, reseña de Endurance colaborador da Galipedia no seu blog, Código Cero: Galipedia.org xa superou as 4.000 entradas, axudando a consolidar o galego na Rede, Xornal.com: A Galipedia acada os 4.000 termos, El Progreso -A Mariña-: O paso cambiado: 4000 de A. Gregorio.
- 21 de marzo de 2005:
-
- Segundo datos estatísticos (correspondentes ao 9 de marzo de 2005) o 51% dos artigos da wikipedia galega están clasificados en categorías. A clasificación en categorías nesta wikipedia comezou o 4 de outubro de 2004.
- 19 de marzo de 2005:
-
- A Galipedia acada os 4000 artigos. En 80 días pasouse de 3.000 a 4.000 artigos.
[editar] 2004
- 29 de decembro de 2004:
-
- O 29 de decembro ás 22:51 horas acadáronse os 3000 artigos. En apenas 41 días pasouse dos 2.000 aos 3.000 artigos.
- 8 de decembro de 2004:
-
- Comeza a desenvolverse o sistema de mantemento da Galipedia.
- 21 de novembro de 2004:
-
- Ponse en marcha o novo sistema de discusión chamado A Taberna con seis seccións especializadas para tratar todo tipo de temas relacionados coa Wikipedia: A Taberna (novas), A Taberna (políticas), A Taberna (técnica), A Taberna (propostas), A Taberna (axuda) e A Taberna (xeral).
- 20 de novembro de 2004:
-
- Nova portada da Galipedia seguindo unha proposta do usuario IaRRoVaWo. (Nota: o reloxo do sistema vai unha hora por detrás da hora oficial -nesta época do ano- por iso a páxina aparece rexistrada o 19 de novembro de 2004). Pode ollarse neste enlace a antiga portada.
- Comezan a usarse as imaxes procedentes de http://commons.wikimedia.org nos artigos: Berlín, Italia, Francia, Exipto, Marrocos.
- 18 de novembro de 2004:
-
- Alcánzase o artigo número 2.000. Corresponde a Jörmungandr unha gran serpe que vivía no fondo do océano segundo a Mitoloxía nórdica. Esta páxina nova foi editada polo usuario Alyssalover.
-
- Inaugurada no Congreso de Enciga - Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia a exposición A ciencia ten nome de muller, con vidas paralelas no mundo real e nesta Galipedia. Os contidos da devandita exposición están presentes neste wiki dende o mes de agosto de 2004.
- 14 de novembro de 2004:
-
- Hai 1905 artigos e 33 categorías activas, 155 usuarios rexistrados -8 deles administradores dos cales 4 son galegos-.
- 18 de outubro de 2004:
-
- Noticia en culturagalega.org sobre a Wikipedia en Galicia. Tema do día : Enciclopedismo activo.
- 4 de outubro de 2004:
-
- Comézase coa clasificación en categorías. A primeira categoría activa é: Directores de cine seguida de Cine.
- 24 de setembro de 2004:
-
- Artigo en Galicia-Hoxe, fai referencia á Galipedia e ao Galizionario, ilústrase coa imaxe que aparece na páxina Sistema Solar. O galego súbese á 'Wikipedia', a maior enciclopedia na rede
- 17 de abril de 2004:
-
- A Wikipedia galega conta con catro administradores: Agremon, Andre Engels, Fuzheado, Youssefsan dos cales só é galego o primeiro.
- 12 de marzo de 2004:
-
- A Galipedia pasa dos 1.000 termos.
- 17 de xaneiro de 2004:
-
- Agremon usa por primeira vez o termo Galipedia para referirse á wikipedia galega.
- Comeza a traducción do marco da wikipedia en galego (opcións das beiras, mensaxes, ...).
- 8 de xaneiro de 2004:
-
- Artigo en A Mariña - El Progreso de Lugo titulado 'Catrocentas Entradas' escrito por Agremon. Reprodución do artigo: Artigo para a difusión da wikipedia en galego. Pode verse o artigo orixinal en formato PDF no arquivo do periódico: Tribuna da Costa: Catrocentas Entradas.
- 5 de xaneiro de 2004:
-
- Acádanse as 400 entradas.
[editar] 2003
- 12 de agosto de 2003:
-
- A portada da Wikipedia galega aínda aparece en inglés. Pode verse unha reproducción dela en archive.org: Portada 12-08-2003. En novembro de 2003 xa aparece a portada en galego Portada 22-11-2003. Entre esas dúas datas produciuse o cambio, ese cambios foi froito do traballo de tradución do arquivo languageGL.php que inclúe as palabras que corresponden a cada unha das opcións do interfaz das Wikipedias.
- 22 de xullo de 2003:
-
- Rexístrase como usuario Agremon o administrador galego máis antigo.
- 8 de marzo de 2003:
-
- Rexístrase o primeiro e máis antiguo usuario da versión en galego da Wikipedia: ILVI. O primeiro termo que se puxo foi o 12 de marzo de 2003. Estas son as entradas dese día: Ou, Cal, Ciencias experimentais, Ciencias Humanas, Ciencias Ocultas, Ciencias Aplicadas e Botánico escritas por ILVI.