Xoán IV Ducas Láscaris
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xoán IV Láscaris tiña só oito anos cando foi nomeado emperador do Imperio de Nicea en 1258, á morte do seu pai Teodoro II Láscaris. Foi o último dos emperadores Láscaris, que tanto fixeran pola restauración do Imperio bizantino trala conquista de Constantinopla polos cruzados durante a Cuarta Cruzada en 1204. O seu rexente foi Miguel Paleólogo. Trala toma de Constantinopla por Miguel en 1261, este ordenou cegar a Xoán, incapacitándoo para a dignidade imperial, e logo encerrouno nun castelo no mar de Mármara. En 1290, Xoán recoñecería a Andrónico II Paleólogo como emperador.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Teodoro II Láscaris |
Xoán IV Ducas Láscaris | Precede a: Miguel VIII Paleólogo |
Dinastía Láscaris |