Xisulfo I de Benevento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xisulfo I (morto en 706[1]) foi o duque de Benevento desde 680, cando o seu irmán Grimoaldo morreu. O seu pai foi Romualdo I. A súa nai foi Theodrada (ou Theuderata), filla de Lopo de Friúl, e ostentou a rexencia no seu lugar nos primeiros anos do seu reinado.
Segundo Paulo Diácono, foi durante o seu reinado cando as reliquias de San Bieito de Nursia e santa Escolástica a súa irmá foron levadas de Monte Cassino polos francos.
Sobre 705, Xisulfo tomou as cidades de Sora, Arpino, e Arce. Chegou ata Horrea[2], saqueando e queimando, antes de que lle amosasen regalos dos embaixadores do papa Xoán VI, quen rescatou moitos dos seus prisioneiros e o conduciron a volver de onde viñera aos seus propios dominios.
Foi un duque poderoso, como o seu pai e o seu avó. Loitou contra o papa, o rei e os bizantinos. Casou con Winiperga e sucedeuno o seu fillo Romualdo II.
[editar] Fontes
- Lexikon des Mittelalters: Gisulf I. Herzog von Benevent (681-698).
- Paulo Diácono. Historia Langobardorum. Dispoñíbel en Northvegr.
[editar] Notas
- ↑ Quizais 707. O Lexikon dá como data da súa morte o 698, cousa que concorda coa afirmación de Paulo Diácono sobre un reinado de dezasete anos, pero contradí claramente referencias a actos que tiveron lugar durante o pontificado de Xoán VI sobre o 705.
- ↑ Paulo Diácono, Capitulo XXVII. Identificada como Puteoli ou unha localización no quinto miliario da Vía Latina.
Ducado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Grimoaldo II de Benevento |
Xisulfo I de Benevento | Precede a: Romualdo II de Benevento |
- |