Xenebreiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xenebreiro | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Juniperus commuis | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O xenebreiro (Juniperus communis), é un arbusto da familia das cupresáceas.
Mide de tres a catro metros de altura. Ten un tronco ramoso, copa espesa, follas lineais de tres en tres, ríxidas, punzantes, abrancazadas pola cara superior e verdes pola marxe e o inverso, flores en amentos axilares, escamosas, de cor parda vermella.
Por froitos ten baias elipsoidais ou esféricas de cinco a sete milímetros de diámetro, de cor negra azulada, con tres sementes case ovaladas, pero angulosas nos seus extremos. A madeira, que tamén se chama simplemente polo nome da planta, xenebreiro, é roxiza, forte e olorosa.
[editar] Usos
O xenebreiro é frecuentemente utilizado na horticultura como ornamental, xa que é demasiado pequeno para ser empregado como madereiro. Porén, en Escandinavia a súa madeira emprégase na fabricación de caixas para produtos lácteos, coma a manteiga, o queixo e tamén para facer mangos de coitelos.
Os seus conos, comunmente chamados endrinas, con propiedades astrinxentes, son demasiado amargos para consumilos crus, polo que se venden secos para condimentar carnes, salsas e recheos. Adóitanse cascar antes de utilizalos para liberar o aroma. Tamén se utiliza para aromatizar a xenebra, de feito o nome desta bebida tanto en castelán como en galego deriva do nome da árbore.
[editar] Curiosidades
- A denominación da mesma árbore en francés, genévrier([1]) foi a que deu lugar ó nome máis coñecido internacionalmente da xenebra, "gin" ([2]), a través dun apócope da palabra francesa, pero pronunciada á inglesa. (Hai que ter en conta que, se ben o xenebreiro chámase genévrier en francés, en inglés o termo equivalente é juniper ([3]), que en ningún modo sonaría "gin")
- Sen embargo, o nome da famosa raíña Ginebra (Guenièvre, en francés) da literatura artúrica, non ten nada que ver co nome do xenebreiro. ([4])
[editar] Ligazóns externas
- CONDE, M.: "Cimbros e xenebros", 28 de outubro 2006 [5]