See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Wallaby - Wikipedia

Wallaby

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Wallaby
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Subclase: Marsupialia
Orde: Diprotodontia
Suborde: Macropodiformes
Familia: Macropodidae
Xénero: Macropus
Nome científico
Wallabia bicolor
Macropus eugenii
Lagorchestes leporides
Macropus agilis
Onychogalea
Petrogale penicillata
Macropus dorsalis
Dorcopsis
Macropus rufogriseus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos
Pintura aborixe dun wallaby no Parque Nacional de Kakadu, en Australia septentrional.
Pintura aborixe dun wallaby no Parque Nacional de Kakadu, en Australia septentrional.

Englóbanse baixo o termo de wallaby a animais dunhas trinta especies de macrópodos. Esencialmente, un wallaby é un macrópodo que polo seu tamaño non pode ser considerado coma un canguro e tampouco recibe ningún outro nome específico. Non existe unha verdadeira clasificación fixa ou definida dos wallabys. Por regra xeral, un wallaby é máis pequeno e robusto ca un canguro; un wallaroo (portmanteau de wallaby+kangaroo) é un exemplar dalgunhas poucas especies, que segundo o seu tamaño se atopan entre os wallabys e os canguros. Algúns wallabys moi pequenos que viven nos bosques reciben os nomes de pademelons (xénero Thylogale) e dorcopsises (xéneros Dorcopsis e Dorcopsulus). O termo wallaby é unha palabra tomada da tribo Eora, que habitaba orixinalmente a rexión de Sydney. As crías dos wallabys reciben tamén o nome de joeys en inglés, coma no caso doutras especies de marsupiais.

A distrubución das poboacións de wallabys abrangue unha extensa parte do territorio australiano, especialmente en zonas remotas, de bosques mestos e terreos accidentados; e en menor medida nas chairas semi-áridas, que son máis apropiadas para os canguros; máis grandes, delgados e con pés máis veloces.

Os wallabys non conforman un grupo bióloxico claramente diferenciado. Porén, clasifícanse en varias categorías moi amplas. Os típicos wallabys do xénero Macropus; coma o Wallaby áxil (Macropus agilis) e o Wallaby de pescozo vermello (Macropus rufrogriseus) están máis emparentados cos canguros e wallaroos, e o seu tamaño é semellante ao destes últimos. O wallaby áxil e wallaby de pescozo vermello son as especies que se ven con maior frecuencia, especialmente nos estados do sur de Australia.

Os Wallabys de rocha (xénero Petrogale), do mesmo xeito que as cabras do hemisferio norte, están especialmente adaptados para vivir en terreos escarpados e rochosos, ademais están provistos con pés modificados, deseñados para adherirse ás rochas producíndose unha fricción da pel; mentres que outras especies de canguros e wallabys empregan as súas poutas para escarvar na terra. Hai, polo menos, quince especies de wallabys de rocha, e o parentesco que existe entre algunhas destas especies aínda é algo descoñecido e do que se ten pouca información. Varias destas especies están en perigo de extinción. Algúns programas de cría dos wallabys de rocha en catividade, coma do Santuario de Healesville, tiveron un pouco de éxito e un número pequeno destes animais foi ceibado recientemente na natureza.

O Wallaby lebre raiado (Lagostrophus fasciatus) considérase coma a última especie sobrevivente do que noutro momento foi a numerosa subfamilia dos Sthenuriae. O wallaby lebre raiado foi unha especie común en todo o sur de Australia, mais hoxe en día só viven en dúas illas moi afastadas da costa oeste de Australia, nas que non existen depredadores introducidos polos europeos.

En Nova Guinea, que formou parte do continente australiano ata unha etapa recente na historia da xeoloxía, viven polo menos cinco especies de wallabys.

Os wallabys foron introducidos polo home en Nova Zelandia, onde son considerados unha praga. Un programa para reintroducilos en Australia tivo pouco éxito.


Ademais diso, existe unha colonia de wallabys asilvestrados en Hawaii, nas rexións altas de Kalihi Valley, na illa de Oahu. Esta colonia procede dun grupo de Wallabys de cola pincelada (Petrogale penicillata) que se escaparon dun zoo en 1916.

Tense intentado o establecemento de colonias de cría de wallabys noutras partes do mundo, mais só unha deu resultado. As principais poboacións foron as da illa de Inchconnachan en Loch Lomond, Escocia; e o Peak District de Inglaterra. A colonia de Peak District asentouse arredor de 1940 por cinco exemplares que escaparan dun zoo local; dita colonia existiu ata 1993. No cumio do seu esplendor reprodutivo, o grupo chegou a contar cuns 50 wallabys. A colonia de Loch Lomond foi creada intencionadamente en 1975, e malia non estar controlada, acadou unha poboación de 28 exemplares. Ás veces prodúcense escapes ocasionais cando se conxela o lago Loch Lomond. Outras colonias de cría que resultaron ser viables foron; unha preto de Teignmouth, Devon; outra en Ashdown Forest, East Sussex, e outra na illa de Bute and Lundy.

Á parte, existe unha pequena colonia na illa de Lambay, lonxe da costa leste de Irlanda; que foi introducida polo Zoo de Dublín despois dunha explosión poboacional a mediados dos anos 80.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -