Vladimir Lenin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vladimir Lenin | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Vladimir Ilich Ulianov "Lenin" | ||
Data de nacemento: | 10 de abril de 1870 | ||
Lugar de nacemento: | Simbirsk, Rusia | ||
Data de falecemento: | 21 de xaneiro de 1924 | ||
Lugar de falecemento: | Moscova, URSS | ||
Partido político: | Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia Partido Comunista da Unión Soviética |
||
Cargo(s): | Presidente do Consello de Comisarios do Pobo (1917 - 1924) | ||
Profesión: | Político e avogado |
Vladimir Ilich Ulianov (en ruso Владимир Ильич Ульянов), máis coñecido coma Lenin, naceu o 10 de abril de 1870 e morreu o 21 de xaneiro de 1924. dirixente do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia, e logo a súa escisión bolxevique (coñecida como POSDRb), reformulado logo no poder como Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS).
Desterrado a Siberia por Aleixandre III. Participou na Revolución de 1905. Dirixente da Unión Soviética trala Revolución Bolxevique, (presidente do Consello de Comisarios do Pobo) dende 1917 ata 1924. Ideólogo da Nova Política Económica. Ideólogo dos gulags. Comezou o desenvolvemento industrial ruso e destruíu as antigas institucións de poder feudal. Asimesmo foi o artífice dos primeiros e ambiciosos plans de alfabetización.