Terra Nova
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Este artigo refírese á illa no Océano Atlántico. Para a provincia canadiense antigamente (e aínda coloquialmente) coñecida como Terra Nova, vexa Terra Nova e Labrador.
Terra Nova (Inglés: Newfoundland; Francés: Terre-Neuve; Irlandés: Talamh an Éisc; Latín: Terra Nova) é unha gran illa situada na costa nororiental de Norteamerica, e a parte máis poboada da provincia Canadiense de Terra Nova e Labrador. A illa de Newfoundland (orixinalmente chamada Terra Nova) foi máis probablemente nomeada por primeira vez polo italiano John Cabot (Giovanni Caboto) en 1497, o que o convertería no máis antigo nome de orixe europeo en Norteamérica. A provincia na que a illa está situada chamábase tamén Terra Nova ata o ano 2001, cando o seu nome foi cambiado por Terra Nova e Labrador.
Terranova está separada da Península do Labrador polo Estreito de Belle Isle e polo Estreito Cabot. Bloquea a entrada do río Saint Lawrence, creando o golfo de Saint Lawrence, o máis grande estuario do mundo.
Ten 111,390 km2 de superficie, o que a converte na décimo quinta illa en tamaño do mundo. A capital da provincia, St. John's, está situada no extremo sudeste da illa. O Cabo Spear, ó sur da capital, é o punto máis oriental de Canadá. A illa de Terra Nova ten unha poboación aproximada de 485,000 habitantes.