See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
TAP Portugal - Wikipedia

TAP Portugal

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Airbus A330 de TAP Portugal
Airbus A330 de TAP Portugal

TAP Portugal (Transportes Aéreos Portugueses) é a aeroliña nacional de Portugal, con base en Lisboa e membro da Star Alliance. Opera a destinos en Europa, África e América.

[editar] Historia

O 14 de marzo de 1945 Humberto Delgado, o director do Secretariado de Aviación Civil de Portugal, crea a sección de Transportes Aéreos baixo a denominación de Transportes Aéreos Portugueses. Ese mesmo ano TAP adquires os seus dous primeiros avións, dous DC-3 con capacidade para 21 pasaxeiros.

En 1946 comeza as súas actividades. A súa primeira liña comercial é entre as cidades de [Lisboa]] e Madrid que se estrea o [19 de setembro]]. O [[31 de decembro dese anos ínaugúrase a "Linha Aérea Imperial". A "Linha", Lisboa-Luanda-Lourenço Marques (actual Maputo), facía un percorrido de 24.540 quilómetros con 12 escalas e cunha duración de 15 días (ida e volta) e era a máis extensa liña no mundo cuberta por un DC-3.

A primeira liña doméstica, entre Lisboa e Porto, foi aberta en 1947, e ese ano foron adquiridos os C-54 Skymaster.

Ata finais da década vai ampliando os seus destinos. Comeza a voar cara París en 1948 e a Londres en 1949 co Skymaster e cara Sevilla en 1948 co DC-3.

En 1953 TAP pasa a ser de dominio publico a unha sociedade anónima de responsabilidade limitada, con capitais mixtos pero coa maioría do Estado. Nese ano a compañía comeza a voas a Casabranca e a Tanxer. TAP continúa apostando pola "Linha Aérea Imperial", e en 1954 intrucuce nesta liña o DC-4 que fai o seu primeiro voo entre Lisboa e Luanda cunha duración de 17 horas.

En agosto de 1955 TAP recibe o seu primeiro cutrimotor de longo alcance, o Lockheed L-1049G Super Constellation, que en novembro comeza a operar cara África. Con esta adquisición o tempo de voo entre Lisboa e Lourenço Marques redúxose considerablemente. Nese masmo ano realízase unha viaxe experimental a Rio de Xaneiro cun DC-4.

En 1958 o último dos DC-3 é retirado do servizo e TAP comeza a estudar a transición cara os reactores.

En 1960 realízase o primeiro voo entre Lisboa e Porto Santo. Ese mesmo ano TAP inaugura o Voo da Amizade entre Lisboa e Rio de Xaneiro, destinado sobre todo a brasileiros e portugueses, con tarifas a menos da metade do prezo normal da época para ese traxecto. Tamén se realiza a primeira viaxe entre Lisboa e Goa, con case 19 horas de duración total e cinco escalas. TAP retira o último dos catro DC-4 do servizo.

A guerra colonial en África fai que a compañía se centre en [Europa]] e no Brasil. A pesares da guerra TAP segue inaugurando novas liñas e abrindo novas delegacións.

En xullo de 1962 a aeroliña recibe o seu primeiro reactor, un dos tres Caravelle que voarían ata 1975. Nese mesmo ano comezan os voos entre Lisboa e As Palmas e Santa María, e un ano despois con Xenebra, Múnic e Frankfurt.

[editar] Frota

Frota de TAP Portugal
Avión Total Pasaxeiros Rutas Notas
Airbus A310-300 6 200 (30/168)
Airbus A319-100 17 132 (50/71)
Airbus A320-200 15 156 (42/114)
Airbus A321-200 3 194 (35/152)
Airbus A330-200 7
(5 pedidos)
224 (42/182)
Airbus A340-300 4 274 (42/238)
Airbus A350-800 (8 pedidos) Entarán en servizo no 2013
Airbus A350-900 (4 pedidos) Entarán en servizo no 2013

[editar] Ligazóns externas

Páxina de TAP Portugal en varios idiomas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -