Star Wars
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Star Wars (A Guerra das Galaxias) é unha serie de seis filmes de ciencia ficción creada polo productor, director e guionista norteamericano George Lucas, tralo éxito de American Graffiti. A serie comezou en 1977 con Star Wars Episodio IV: Unha Nova Esperanza, e dende entón converteuse nun fenómeno social e cultural, do que se crearon novelas, historias en banda deseñada, videoxogos... Isto permitiu a Lucas amplia-la historia con dous episodios máis: O Imperio Contraataca e O Retorno do Jedi, que continuarían o gran éxito da primeira. Vinte anos máis tarde, George Lucas comezaría a traballar nunha nova triloxía que narraría a historia inicial vinte anos antes do que acontece no episodio IV, desvelando a orixe de tódolos personaxes e da trama. Asi, a nova triloxía consta dos Episodios I, II e III: A Ameaza Pantasma, O Ataque dos Clons e A Vinganza dos Sith, que resultarían un novo éxito comercial, pero un fracaso rotundo na crítica que fixo que o propio Lucas se retirase da dirección de novas películas da saga.
Índice |
[editar] Trama
A historia comeza cun evocador Fai moito tempo, nunha galaxia moi lonxe... e narra, se seguimos a orde dos episodios, a historia dunha grande república galáctica en crise, na que os Jedi, gardiáns do ben e da xustiza, e os Sith, donos do lado escura da forza e conspiradores contra a democracia, enfróntanse polo dominio da galaxia. Dun xeito casual, os jedis atopan a un neno chamado Anakin Skywalker que concentra unha extraordinaria forza. O neno é adestrado polos jedis e, cando chega a maior, namórase da bela senadora Padmé Amidala. O seu amor prohibido fai que o xoven Skywalker, no seu medo a perdela, se adentre no lado escuro da forza axudado polo corrupto líder do senado e lord sith Palpatine. Cando estes controlan o senado e instauran un autoritario Imperio, comezaría un aniquilamento de tódolos jedi. Nun espectacular enfrontamento nun planeta volcánico, o antigo adestrador de Skywalker, Obi-Wan Kenobi, bate ó novo sith, deixando a éste abrasado pola lava, o que lle deixaría enormes secuelas físicas. Rehabilitado por Palpatine, o rebautizado Skywalker, agora Darth Vader, adquire un aspecto tétrico a través dunha traxe negra e dunha emblemática máscara.
A acción avanza vinte anos cando unha pequena forza rebelde, liderada pola princesa Leia, faise cos planos da maior arma do malvado imperio, a estrela da morte. A partires de aquí comezaría unha loita que implicaría ó xoven Luke Skywalker, o descoñecido e oculto fillo de Darth Vader. A través do tamén mestre de Vader, Obi-Wan Kenobi, e do contrabandista Han Solo, Luke comezaría unha viaxe que lle alzaría como líder da rebelión. Pero cando coñece a realidade do seu pai e da súa irmá segreda, a princesa Leia, Luke comezaría unha loita persoal por salvar-la galaxia e, á vez, ó seu pai. Finalmente, a rebelión alzaríase coa victoria e Vader acadaría a súa redención matando ó seu mestre, o emperador Palpatine, para salvar ó seu fillo co que a galaxia recuperaría paz e a xustiza coa extinción dos sith e a victoria dos jedi.
[editar] Filmes
- Star Wars Episode I: The Phantom Menace (1999)
- Star Wars Episode II: Attack of the Clones (2002)
- Star Wars Episode III: Revenge of the Sith (2005)
- Star Wars Episode IV: A New Hope (1977)
- Star Wars Episode V: The Empire Strikes Back (1980)
- Star Wars Episode VI: Return of the Jedi (1983)
[editar] Personaxes
- Anakin Skywalker
- Boba Fett
- C-3PO
- Chewbacca
- Comandante Cody
- Conde Dooku
- Darth Bane
- Darth Maul
- Darth Sidious
- Darth Vader
- Grievous
- Han Solo
- Jabba o Hutt
- Jango Fett
- Jar Jar Binks
- Kit Fisto
- Lando Calrissian
- Luke Skywalker
- Mace Windu
- Xeneral Veers
- Moff Tarkin
- Nute Gunray
- Tío Owen e Tía Beru
- Obi-Wan Kenobi
- Ozzel
- Padmé Amidala
- O Emperador
- Piett
- Leia Organa
- Qui-Gon Jinn
- R2-D2
- Yoda
[editar] Videoxogos
- Artigo principal: Videoxogos de Star Wars.
Os videoxogos de Star Wars son moi numerosos xa dende a aparición das primeiras videoconsolas. Os videoxogos son variados, habendo dende arcades ata xogos de rol, pasando por arcades de carreiras ou xogos de estratexia, producidos en gran parte polo propia compañía de videoxogos LucasArts.
[editar] Ligazóns externas
- StarWars.com Sitio oficial sobre as películas e o universo expandido (en inglés)
- LucasArts Compañía que edita os videoxogos de Star Wars (en inglés)
- Star Wars en IMDB (en inglés)
- Wookieepedia - Wiki de Star Wars (en inglés)
- Wookieepedia en español - Wiki de Star Wars (en castelán)
- Enciclopedia sobre Star Wars (en castelán)