Safo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Safo (Σαπφώ), con frecuencia chamada tamén Safo de Lesbos, vivíu entre 630 a.C. e 612 a.C. - ca. 570 a.C.), foi unha poeta grega. Naceu con moita probabilidade en Ereso, vila da illa de Lesbos, mais cedo se trasladou a unha cidade de maior importancia, Mitilene.
[editar] Biografía
De familia aristocrática, de nena seguíu a familia no exilio a Palermo, retornando logo a Mitilene, onde ensinou poesía a grupos de mozas as que dedicou epitalamios (cantos nupciais).
Está testemuñado que tiña un irmán comerciante, Carasso, que durante unha misión en Exipto se namorou dunha muller, arruinando economicamente a súa familia: tén sido reencontrados verso en lírica monódica nos que Safo prega a Afrodita que garanta un retorno securo ao irmán para poder ser readmitido na familia.
Consonte lendas, das que serían probas algúns versos románticos do pretendente, o poeta lirico Alceo foi reputado como o seu amante: mais os mesmos poetas antigos desmentiron tal hipótese, mantendo que os versos en cuestión eran interpretábeles como unha idealización non autobiográfica.
É seguro que casou con Cercila de Andros e tivo unha filla de nome Cleide, a cal dedicou algúns espléndidos e tenros versos.
Certos versos probarían que Safo alcanzou unha idade avanzada, mais non é moi seguro dado que era usanza común entre os poetas líricos utilizar a primeira persoa dun xeito convencional. Sempre conforme á lenda, Safo morreu botándose dunha rocha polos amores dun xoven barqueiro, Faón.
Os antigos estiveron de acordo en admirar a súa mestría.
[editar] Obra
As fontes antigas afirman que Safo escrebeu nove volumes de poesía, mais só unha reducida proporción subsistíu. Fragmentos de papiros, como os atopados en Oxyrhynchus, en Exipto, son unha importante fonte. Un importante fragmento conservouse nun pote. O resto do que coñecemos de Safo chegounos a través de citas doutros escritores da Antigüidade, a miudo citas empregadas para ilustrar gramática, vocabulario ou métrica. Só existe un poema completo, o "Himno a Afrodita" (Fragmentos 1).