Romualdo I de Benevento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Romualdo I (tamén escrito Romoald e en italiano Romoaldo), duque de Benevento (662-677), era o fillo de Grimoaldo, rei dos longobardos. Recibiu Benevento cando o seu pai usurpou o trono en 662. Grimoaldo mandou á esposa do deposto rei Perctarito, Rodelinda, e ao seu fillo Cunincperto á corte do seu fillo en Benevento.
Romualdo desposou á súa irmá Gisa co emperador bizantino Constante II. Os bizantinos estaban a cercar Benevento e a valente defensa da cidade de Romualdo estaba a sucumbir, cando Grimoaldo se presentou e derrotaron a ameaza bizantina. Romualdo daquela tomou Tarento e Brindisi, limitando moito a influencia bizantina nesa rexión. Recibiu axuda militar da horda búlgara Alcek, que residía no sur da península desde a caída de Roma. A cambio deulles dereitos de pasto en 667.
Romualdo nunca viu o reino que o seu pai gañara e tan ben defendera, Perctarito volveu e parou o seu reinado.
Sucedeuno o fillo que tivo con Teodrada, filla do duque Lopo de Friúl, Grimoaldo II.
[editar] Referencias
- Gwatkin, H.M., Whitney, J.P. (ed) The Cambridge Medieval History: Volume II—The Rise of the Saracens and the Foundations of the Western Empire. Cambridge University Press, 1926.
Ducado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Grimoaldo I de Benevento |
Romualdo I de Benevento | Precede a: Grimoaldo II de Benevento |
- |