Río Var
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Var.
O Var é un río da Provenza, Francia, que desauga no mar Mediterráneo logo dun curso de 120 km
Índice |
[editar] Percorrido
O río Var nace ao sur de Barceloneta de Provenza, en Entreaunes, a 1.800 m de altura, e desemboca no Mediterráneo cerca da cidade de Niza.
[editar] Afluentes
O Var recibe augas dos seguintes tributarios principais:
- beira esquerda: o Chans (25 km), o Tinèa (75 km) e o Vesúbia (48 km);
- beira dereita : 'Esteron (64 km).
Ademais ten outros afluentes menores como son: o Tuébi (en Guillaumes), o Coulomp (en Pont de Gueydan), o Chalvagne (en Entrevaus), o Roudoule (en Puget-Tenièrs).
[editar] Hidroloxía
O caudal do Var oscila entre 50 e 100 m³/s, si ben pode experimentar cheas importantes e súbitas, por causa de chuvias torrenciais, típicas do clima mediterráneo, nas que en poucas horas pode alcanzar os 1.000 m³/s.
[editar] Historia
Durante un curto tramo separa Francia e Italia, aínda que antes de 1860 todo o percurso do río marcaba a fronteira entre ambos países. Isto mudou para a situación actual ao ser cedida Niza a Francia.
Da nome ao departamento de Var, que na actualidade abranxe toda a conca do río. Antigamente, porén, o río conformaba a fronteira oriental do departamento.
Durante a Antigüidade romana era denominadoVarus e marcaba a fronteira entre as dúas Galias: a Galia transalpina e a Galia cisalpina.