See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Provincia de Xaén - Wikipedia

Provincia de Xaén

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A provincia de Xaén (en español Jaén) é unha das oito provincias que conforman a comunidade autónoma de Andalucía. A súa capital é Xaén.

A súa superficie é de 13.498 km². A súa poboación é de 660.284 habitantes (2005, INE), dos cales, preto dunha sexta parte viven na capital, e a súa densidade de poboación é 48,01/km². Está composta por 97 concellos, entre os cales destacan, xunto coa capital, Linares, Úbeda, Baeza, Andúxar, Martos, Cazorla e Alcalá la Real.

[editar] Comarcas

Comarcas da provincia de Xaén
Comarcas da provincia de Xaén
  • Metropolitana: comarca que comprende practicamente a totalidade da área metropolitana da capital provincial. Ten unha poboación de 220.448 habitantes, unha superficie de 1.755,56 km², e unha densidade de poboación de 125,57 hab/km². A súa capital é Xaén
  • Serra Morena: unha parte significativa do territorio desta comarca forma parte da cordilleira de Serra Morena incluíndo o Parque Natural de Despeñaperros. Posúe 105.640 habitantes, ten unha superficie de 1.396,7 km², e unha densidade de poboación de 75,6 hab/km². A súa capital é Linares.
  • A Loma ou La loma: é o centro da provincia, cunha poboación de 76.961 habitantes e unha superficie de 1.037,4 km². A súa capital, Úbeda.
  • A Campiña: ten unha poboación de 67.749 habitantes, unha superficie de 1.741,7 km², e unha densidade de poboación de 38,9 hab/km². Parte do seu territorio forma o Parque Natural da Serra de Andúxar. A súa capital é Andúxar.
  • Serra Sur: cunha poboación de 44.339 habitantes, unha superficie de 784,27 km². A súa capital é Alcalá a Real.
  • Serra Máxina: unha parte significativa do territorio desta comarca forma parte do Parque Natural de Serra Máxina. Ten unha poboación de 42.368 habitantes, unha superficie de 1.389,4 km², e unha densidade de poboación de 30,5 hab/km². A súa capital é a cidade de Xódar.
  • Serra de Cazorla: comprende gran parte del Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura e As Vilas (Las Villas). A poboación desta comarca é de 33.993 habitantes, ten unha superficie de 1.330,72 km², e unha densidade de poboación de 25,5 hab/km². A súa capital, Cazorla.
  • Serra de Segura: é a comarca máis extensa da provincia e tamén comprende a maior parte do Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura e As Vilas, coma a comarca de Cazorla. Conta cunha poboación de 26.574 habitantes, ten unha superficie de 1.931 km². A súa capital é Beas de Segura.
  • As Vilas ou Las Villas: unha parte significativa do territorio desta comarca forma parte do Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura e As Vilas. Conta cunha poboación de 22.239 habitantes, unha área de 556,38 km², e unha densidade de poboación de 40 hab/km². A súa capital é Villacarrillo.
  • O Condado: El Condado posúe unha poboación de 23.904 habitantes, unha extensión de 1.488,11 km², e unha densidade poboacional de 16,1 hab/km². Navas de San Xoán é a capital.

[editar] Xeografía

Na Serra de Cazorla, en Pontones, nace o río Segura, mentres que na Cañada das Fontes, no término municipal de Quesada, nace o río Guadalquivir. Aínda que é unha das provincias españolas menos coñecidas polos turistas, ten moitos lugares interesantes que visitar.

Xaén ten, xunto a outras paraxes naturais protexidas, catro Parques Naturais:

  • Parque Natural da Serra de Andúxar.
  • Parque Natural de Serra Máxina.
  • Parque Natural de Despeñaperros.
  • Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura e As Vilas.

A provincia conta tamén con dúas importantes cidades renacentistas: Úbeda e Baeza, que foron recentemente declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. A provincia de Xaén é a maior produtora mundial de aceite de oliva. Polo que gran parte da economía xienense baséase no monocultivo da Oliveira.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -