Petra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Petra | |||
El Khazneh - A Cámara do Tesouro
|
|||
Información | |||
---|---|---|---|
Inscrición: | 1985 | ||
Localización: | 30º19'50"N 35º26'36"E | ||
Criterios: | C (i) (iii) (iv) | ||
Descrición UNESCO: | fr en |
Petra (de "petra", pedra en grego; árabe: البتراء, al-Bitrā) é un xacemento arqueolóxico situado en Xordania, localizado entre as montañas que forman as estribacións orientais de Wadi Araba, nun gran val que vai desde o Mar Morto ata o Golfo de Aqaba. Este lugar é famoso por ter moitas estruturas de pedra escavadas dentro das rochas.
Índice |
[editar] Historia
As descricións de Estrabón, Plinio o vello e outros escritores identifican Petra como a capital dos nabateos e o centro das súas caravanas de comercio. Rodeada por rochas de moita altura e permanentemente abastecida de auga por correntes permanentes, Petra non só tiña as vantaxes dunha fortaleza senón que tamén controlaba as principais rutas comerciais que pasaban ao través dela en dirección a Gaza no oeste, a Bosra e Damasco no norte, a Aqaba no Mar Vermello, e cruzando o deserto ao Golfo Pérsico.
Escavacións recentes demostraron as habilidades dos nabateos no control da auga que permitiron a construción da cidade no deserto, creando na práctica un oasis artificial. A zona sofre inundacións ocasionais e os restos arqueolóxicos evidencian que os nabateos controlaban estas inundacións mediante o uso de presas, cisternas e condutos de auga. Deste xeito, almacenaban a auga que despois podía ser utilizada nos longos períodos de seca permitindo que a cidade prosperara.
Aínda que nas súas orixes se podía acceder a Petra chegando polo sur (via Wadi Araba), ou posiblemente desde as elevadas mesetas no norte, a maior parte dos visitantes modernos achéganse ao lugar dende o leste. A impresionante entrada leste leva a un acceso en baixada que atravesa unha estreita e oscura corga entre paredes de pedra, de só 3-4 metros de ancho nalgúns lugares. Ao final da gorxa atópase a ruina máis elaborada de Petra, a Tesourería, escavada directamente na pedra.
[editar] Período romano
No 106, cando Cornelius Palma era gobernador de Siria, a parte de Arabia baixo o mando de Petra foi incluida dentro do Imperio Romano, e a dinastia nativa terminou. Porén, a cidade continuou coas súas actividades comerciais. Un século máis tarde, cando a cidade chegou ao seu máximo esplendor, o avance chegou ao seu fin, e non se construiron máis edificios; isto debeuse aparentemente a algunha catástrofe repentina como a invasión do novo poder persa baixo o poder da dinastía sasánida.
Ao mesmo tempo Palmira en Siria creceu en importancia como via de comercio alternativa a Petra.
[editar] Petra hoxe
- O 6 de decembro de 1985 Petra foi recoñecida como cidade Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
- En 2004 o estudioso de arquitectura Edward Cullinan, con sede en Londres, deseña unha nova entrada a Petra para mellorar o acceso dos visitantes. O inicio da construción está previsto para comezos de 2006.
[editar] Imaxes de Petra