Pedro Eugenio Aramburu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pedro Eugenio Aramburu | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Pedro Eugenio Aramburu | ||
Data de nacemento: | 21 de maio de 1903 | ||
Lugar de nacemento: | Río Cuarto, Arxentina | ||
Data de falecemento: | 1 de xuño de 1970 | ||
Lugar de falecemento: | Carlos Tejedor, Arxentina | ||
Partido político: | |||
Cargo(s): | Presidente da Nación Arxentina | ||
Profesión: | Militar |
Pedro Eugenio Aramburu Cliveti (Río Cuarto, Arxentina, 21 de maio de 1903 - Carlos Tejedor, Bos Aires, 1 de xuño de 1970). Militar e político arxentino.
Índice |
[editar] Biografía
Naceu na provincia de Córdoba, sendo os seus pais Carlos Aramburu Nuñez e Leocadia Clivet ou Cilveti.
Inspirador da chamada Revolución Libertadora que derrocou ao goberno constitucional de Juan Domingo Perón o 16 de setembro de 1955, substitúe como presidente de facto a Eduardo Lonardi, quen pretendía unha conciliación co peronismo. Mantivo como corpo asesor a "Xunta Consultiva" que crease Lonardi, formada por partidos da oposición ao peronismo. En 1957 convocáronse eleccións para unha Convención Constituínte, nun marco de proscripción do peronismo. Estas eleccións provocaron a división da Unión Cívica Radical ao consolidarse un sector acuerdista co peronismo, liderado por Arturo Frondizi. Ao retirarse os constituíntes de Frondizi, a Asemblea Constituínte limitouse a recuperar o texto de 1853 e a reunir no artigo 14 bis un conxunto de dereitos sociais.
Un dos principais obxectivos da Revolución Libertadora foi a "desperonización do país", polo que se perseguiu aos funcionarios do réxime derrocado, interveniuse a CXT, destruíronse todos os símbolos do peronismo que foran incorporados ao aparello do estado e chegouse a prohibir a soa mención do nome de quen pasou a ser chamado o "tirano prófugo" ou ben "o ditador deposto". O peronismo contestou cunha serie de folgas e sabotaxes, iniciando o que deu en chamarse a Resistencia Peronista.
O 9 de xuño de 1956, o xeneral Juan José Valle liderou un levantamento insurreccional co obxectivo de restaurar o goberno constitucional de Perón. O intento foi rapidamente sufocado, sendo fusilados sen debido proceso legal o seu xefe e outros 17 militares, así como uns 15 civís no que o escritor Rodolfo Walsh chamou máis tarde a Operación Masacre.
A pesar de que o goberno militar fixo ingresar ao país no Fondo Monetario Internacional, non desfixo inmediatamente todo o esquema proteccionista típico das décadas anteriores. Pola contra, a Xunta Nacional de Grans e a Xunta Nacional de Carnes tomaron o control da exportación destes produtos, creouse o Instituto Nacional de Tecnología Agropecuaria e unha empresa estatal para a explotación de carbón en Río Turbio e inauguráronse usinas e oleodutos.
Finalmente, Aramburu convocou a eleccións que foron gañadas o 23 de febreiro de 1958 por Arturo Frondizi (quen recibiu os votos do proscripto peronismo), a quen entregou o poder o 10 de maio do mesmo ano, retirándose a continuación do exercicio activo da profesión militar.
Nas eleccións de 1963, co peronismo proscripto, presentouse como candidato a presidente pola Unión do Pobo Arxentino, obtendo o terceiro lugar en número de sufraxios. O Colexio Electoral nomeou logo como presidente a Arturo Umberto Illia que obtivo o 22 por cento dos votos.
Pedro Eugenio Aramburu foi secuestrado o 29 de maio de 1970 na primeira acción pública da organización político militar Montoneros. En cativerio, foi acusado polo seu accionar durante o Golpe de estado do 55, e os Fusilamentos de José León Suárez de 1956. A organización Montoneros denominou as acusacións "xuízo popular" (aínda que Aramburu non tivo a posibilidade certa de exercer a súa defensa) e foi condenado á morte. Aramburu foi asasinado por Fernando Abal Medina dun tiro de pistola no soto dunha quinta na localidade de Timote (partido de Carlos Tejedor, provincia de Bos Aires).
[editar] Carreira militar
Comezou os seus estudos no Colexio Militar da Nación, alcanzando sucesivamente os graos de Subtenente (1922), e Maior (1939). Foi profesor da Escola de Guerra en 1943. Xeneral de Brigada en 1951 e Comandante en Xefe do Exército en 1955, foi ascendido a Tenente Xeral en 1958.
Predecesor: Eduardo Lonardi (de facto) |
Gobernante de facto, autotitulado presidente 1955 - 1958 |
Sucesor: Arturo Frondizi |
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Fusilamentos de José León Suárez
- Guerra sucia en Arxentina
- Revolución Libertadora
- Lista de masacres na Arxentina (Século XX)