Onda gravitacional
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Onda gravitacional é a onda que transmite enerxía por medio de deformacións no espazo-tempo, ou sexa, por medio do campo gravitacional. A teoría xeral da relatividade predí que as masas aceleradas poden causar este fenómeno, que se propaga coa velocidade da luz. Ata 2005 ningunha radiación gravitacional foi satisfactoriamente observada. Os bons candidatos para xeradores destas ondas son os corpos de gran masa acelerados: por exemplo, un sistema binario. O paquete de onda da gravidade sería o gravitón, tamén non observado.