Novas sete marabillas do mundo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Novas sete marabillas do mundo son unha iniciativa do cidadán suízo Bernard Weber para substituír a lista das Sete marabillas do mundo da antigüidade, das que xa só a Gran Pirámide de Giza continúa en pé. Con ese propósito, creou unha fundación chamada New Open World Foundation coa finalidade de animar os cidadáns de todo o mundo a votar democraticamente polas Novas Sete Marabillas do Mundo que existan e foran creadas nos dous últimos milenios. Finalmente o 7 de xullo de 2007 a Unesco decidiu en Lisboa a lista das sete marabillas do mundo moderno.
Índice |
[editar] Marabillas:
- A Gran muralla chinesa (China)
- Cidade de Petra (Xordania)
- Cristo Redentor (Brasil)
- Machu Picchu (Perú)
- Coliseo de Roma (Italia)
- Taj Mahal (India)
- Pirámide de Chichén-Itzá (México)
[editar] Algunhas das candidaturas a integrar a lista
- Igrexa de Santa Sofía (Turquía)
- Torre Eiffel (Francia)
- Kremlin e Praza Vermella (Rusia)
- Estatuas da Illa de Pascua (Chile)
- Alhambra (España)
- Palacio e parques de Versalles (Francia)
- Ópera de Sydney (Australia)
- Palacio Imperial de Quioto (Xapón)
- Edificio Empire State (EE.UU.)
- A Sagrada Familia (España)
- Ponte Golden Gate (EE.UU.)
- Palacio dos Dogos (Italia)
- Timbuctú (Malí)
- Catedral de Aquisgrán (Alemaña)
- Cidade histórica de Sana'a (Iemen)
- Mesquita Azul do Sultán Ahmed (Turquía)
[editar] Véxase tamén
- Sete marabillas do mundo para as do mundo antigo.