See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Nienna - Wikipedia

Nienna

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Nienna é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, que aparece na súa obra O Silmarillion.

Nienna unha dos Valar, os seres anxelicais que custodian e gobernan Arda (o mundo no universo de Tolkien). É irmá de Mandos e máis Irmo, e o seu nome significa Aquela que chora, e en Quenya, Don de Bágoas (nie 'bágoa' + anna 'don, agasallo').

Vive no estremo oeste de Arda, onde padece polo sufrimento do mundo, e consola os espíritos dos mortos que agardan nas Estancias de Mandos. Eis a descrición que se fai dela n'O Silmarillion[1]:

"Mora soa. Coñece o sufrimento e chora por cada ferida que recibiu Arda durante os estragos de Melkor. Tan grande era o seu pesar, mentres se desenvolvía a Música, que a súa canción tornouse lamento moito antes da súa fin, e o son do pranto entreteceuse cos temas do Mundo antes de este comezar. Mais non chora por si mesma; e aqueles que a escoitan aprenden a piedade, e a resistencia na esperanza. As súas estancias están ao oeste do Oeste, nos lindes do mundo, e rara vez vai á cidade de Valimar onde todo é ledicia. Vai en troques ás estancias de Mandos, preto das súas propias, e todos aqueles que agardan en Mandos choran por ela, pois ela dá forza ao espírito e torna a mágoa en sabedoría. As fiestras da súa casa ollan para o exterior dos muros do mundo".

Nienna é a única das Valar de apariencia feminina (as Valier) que non está casada, ao igual que Ulmo entre os homólogos masculinos.

Nienna chorou na lomba de Ezellohar, onde se erguían as Dúas Árbores, regándoas coas súas bágoas. Após a destrución destas por parte de Melkor, chorou sobre os seus restos, limpando a sucidade de Ungoliant, e nutrindo a froita e a flor que máis adiante se converterían no Sol e a Lúa. Gandalf foi discípulo seu ("O máis sabio entre os Maiar era Olórin [Gandalf]. Tamén el moraba en Lórien, mais o seu camiño a miúdo o levaba á casa de Nienna, e dela aprendeu a piedade e a paciencia."[2]). Nienna encóntrase entre os oito Valar máis poderosos, os Aratar. Aínda que representa a Piedade, a Compaixón e a Curación, os seus poderes semellan incluír o crecemento, xa que tivo un papel principal, xunto a Yavanna, na creación das Dúas Árbores, e na curación do veleno que Ungoliant inoculara na súa lomba. Tamén foi dos poucos Valar que apoiou a liberación de Melkor do seu encadeamento logo da Idade da Paz, compadecéndose do seu sufrimento, sen ser consciente da súa indefectíbel natureza maligna[3].

En The Book of Lost Tales Nienna chamábase Fui ou Qalme-Tari e estaba casada con Vefantur (Mandos), que non era parente seu nese contexto. Non levou a cabo a curación das Dúas Árbores e negoulles a entrada a Turin and Nienori ás súas estancias de Fui (bautizadas no seu honor).

[editar] Referencias

  1. J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Valaquenta", páx. 31
  2. J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Valaquenta", páx. 33
  3. J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Quenta Silmarillion", páx. 75


Os Ainur do legendarium de J. R. R. Tolkien
Ainulindalë (Música dos Ainur)
Señores dos Valar Manwë | Ulmo | Aulë | Oromë | Námo (Mandos) | Irmo (Lórien) | Tulkas
Raíñas dos Valar (as Valier):  Varda | Yavanna | Nienna | Estë | Vairë | Vána | Nessa
O Inimigo:  Melkor (Morgoth)
Maiar Eönwë | Ilmarë | Ossë | Uinen | Salmar | Sauron | Melian | Arien | Tilion | Gothmog
Curumo (Saruman) | Olórin (Gandalf) | Aiwendil (Radagast) | Alatar e Pallando | A Ruína de Durin


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -