See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Nam June Paik - Wikipedia

Nam June Paik

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pre-Bell-Man, estatua enfronte ó 'Museum für Kommunikation', Frankfurt  Alemaña.
Pre-Bell-Man, estatua enfronte ó 'Museum für Kommunikation', Frankfurt Alemaña.

Nam June Paik (Seúl, 1932 - Miami, 2006) foi un artista contemporáneo de orixe coreana, considerado o fundador da Videoarte.

Índice

[editar] Biografía

Nam June Paik naceu en Seúl, Corea. Estudou música alí e despois trasladouse a Xapón no 1950 con motivo da guerra de Corea, alí licenciase e redacta unha tese sobre Arnold Schönberg. Seis anos despois trasladase a Alemaña Federal, e consegue un traballo de investigación de música electrónica de Radio Colonia á vez que segue a estudar música. Alí coincide con Stockhausen e John Cage, así como Joseph Beuys. Foi nesa época cuando a influencia do movemento fluxus iniciado por John Cage levouno a experimentar ata chegar a compor música indeterminada. Grazas a este movimento internacional mixtura de xogo, arte e unha cultura eletista más de base popular, Nam June Paik investiga coa performance e a música experimental. Fíxose popular coa participación en performances eróticas e extravagantes xunto a John Cage. No ano 1964 instalouse en Nova York, nesta cidade coñece a Charlotte Moorman, violoncelista coa que colaboraría durante anos en atrevidas performances musicais. En 1970, e despois de traballar cuatro anos con Shuya Abe, crea o programa de radio Bos días señor Orwell (Good morning, Mr. Orwell!,1984), sendo a primeira emisión simultaneamente retransmitida para Corea, Estados Unidos e Europa. Nam June Paik ten unha traxectoria sólida na arte contemporánea ata 1996, cando tivo un derrame cerebral que o deixou medio paralizado e impediulle seguir creando con normalidade. No 2000 unha mostra retrospectiva no Museo Guggenheim de Nova York reunía unha grande parte das súas obras mais significativas, conformando o museo mesmo como parte da obra.

Nam June Paik é considerado o pai da videoarte. Pionero da arte contemporánea estableceu o que pode ser a relación entre arte e tecnoloxía actualmente. Ademais tocou moitos xéneros diferentes, tanto performance como videoarte, conxugou a música con as novas tecnoloxías, acción e artes plásticas, instalacións, fotografías, gravados e esculturas. Ademais foi un artista cosmopolita e internacionalmente recoñecido, sen que esquecera as súas raices coreanas.

Faleceu en Miami, Florida, EE.UU., no 2006.

[editar] Cronoloxía

  • 1932

Naceu en Seúl, Corea, sendo o quinto fillo dunha traballadora textil.

  • 1950

Trasládase a Hong Kong debido á guerra de Corea, e finalmente a Xapón.

  • 1956

Gradúase na Universidade de Tokio en Historia da Arte de da Música, e elabora unha tese sobre Arnold Schönberg, compositor austriaco de primeira metade de século XX.

  • 1956-58

Estuda Historia da Música en München e no Conservatorio da mesma cidade. Coñece a Stockhausen.

  • 1958-63

Coñece a John Cage. Traballa no Estudio de Música electrónica WDR en Colonia.

  • 1963

Colaboracións no movemento fluxus. Participa na primeira exposición na que se utilizan pantallas de TV, na Galería Parnass en Wuppertal, Alemaña.

  • 1963-64

Colabora co xaponés Shuya Abe, experimentando con imáns sobre pantallas de TV. Coñece a Charlotte Moorman asidua colaboradora de performances.

  • 1965

Primeira exposición en solitario. Compra a primeira cámara de video portátil.

  • 1969-70

Constrúe con Shuya Abe o primeiro videosintetizador.

  • 1976

Retrospectiva na Kölnischer Kunstverein, Colonia.

  • 1982

Retrospectiva no Whitney Museum of American Art, Nova York.

  • 1984

Emisión do programa Good morning, Mr. Orwell! (Bos dias Sr Orwell) desde o Centro Pompidou de París e o WNET-TV studio de Nova York.*

  • 1987

Fanno membro da Akademie der Kunste (Academia das Artes), Berlín.

  • 1988

Colabora nos Xogos Olímpicos de Seúl cun grande proxecto audiovidual, utilizando 1003 pantallas de televisión que emprega para levantar unha torre.

  • 1992

Recibe a medalla Picasso da UNESCO.

  • *1993

Nam June Paik representa a Alemaña na 45ª Bienal de Venecia e gañan o León de Ouro ao mellor pavillón.

  • 2000

Recibe o premio National Arts Club. Retrospectiva The Worlds of Nam June Paik, no Guggenheim de Nova York.

  • 2006

Morre en Miami, Florida


[editar] Bibliografía

  • HANHARDT, John G., Los mundos de Nam June Paik, Bilbao, Guggenheim, 2001.

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -