Mike Oldfield
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Michael Gordon Oldfield, músico solista multinstrumental e compositor, naceu en Reading (Gran Bretaña) o 15 de maio de 1953.
O seu estilo é moi amplo, e varía entre o rock ou rock progresivo, a música étnica ou de raíz, a clásica e a electrónica.
Índice |
[editar] Historia
Os pais de Mike Oldfield foron Maureen e Raymond Oldfield. A súa irmá Sally e o seu irmán Terry son músicos de éxito por si mesmos, e aparecen en moitos dos seus discos.
Logo das súas primeiras experiencias coa súa irmá Sally, en 1971 Mike Oldfield tratou de encontrar unha discográfica que puidese editar o seu primeiro disco, que constaba dun só tema instrumental (con multitude de instrumentos e quizais na onda do rock progresivo de Pink Floyd), mais todas as casas discográficas o rexeitaron. Foi así como coñeceu a Richard Branson, por entón propietario dunha tenda de música chamada Virgin. Branson inmediatamente aceptou producir o traballo de Oldfield, para o cal este pechouse nun estudio de gravación durante case un ano.
O resultado desta gravación foi a publicación, o 25 de maio de 1972 do primeiro traballo de Oldfield: O Tubular Bells (1972), que foi tamén o primeiro en publicarse baixo o selo Virgin Records. Virgin Records continuou editando os sucesivos traballos de Oldfield ata 1990.
[editar] Discografía
[editar] Álbums de Estudio
- (1973) Tubular Bells
- (1974) Hergest Ridge
- (1975) Ommadawn
- (1978) Incantations
- (1979) Platinum
- (1980) Airborn
- (1980) QE2
- (1982) Five Miles Out
- (1983) Crises
- (1984) Discovery
- (1987) Islands
- (1989) Earth Moving
- (1990) Amarok
- (1991) Heaven's Open
- (1992) Tubular Bells II
- (1994) The Songs of Distant Earth
- (1996) Voyager
- (1998) Tubular Bells III
- (1999) Guitars
- (1999) The Millennium Bell
- (2003) Tubular Bells 2003
- (2005) Light + Shade
[editar] Bandas Sonoras
- (1973) Tubular Bells, que non é propiamente unha banda sonora, mais é usada na banda sonora da película O exorcista.
- (1984) The Killing Fields - banda sonora para película do mesmo nome.
- (2002) Tr3s Lunas aka Tres Lunas - banda sonora dun xogo.
[editar] Álbums en Directo
- (1979) Exposed
[editar] Compilacións e remesturas
- (1975) The Orchestral Tubular Bells
- (1976) Boxed
- (1979) Impressions
- (1980) Music Wonderland
- (1981) Episodes
- (1985) The Complete Mike Oldfield
- (1987) A Virgin Compilation
- (1990) Collector's Edition Box I & II
- (1993) Elements - The Best of Mike Oldfield (1CD)
- (1993) Elements 1973-1991 (4CD)
- (1997) XXV: The Essential
- (2001) The Best of Tubular Bells
- (2002) Collection