María Ruido
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
María Ruido é unha artista e escritora galega nada en Pidre (Ourense) en 1967. Licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (1991) e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2000), cursou estudos de Pintura e Teoría da Arte no "Centro de Arte e Comunicaçao" de Lisboa de 1991 a 1992 e de 1995 a 1996. Nos últimos anos ten levado a cabo proxectos interdisciplinarios, fundamentalmente a través de vídeo, fotografía e fotomontaxe, sobre os dispositivos sociais de elaboración dos nosos corpos, as nosas identidades sexuais, e as formas de construción da memoria colectiva e persoal. Actualmente reside en Barcelona, onde imparte clases de Narrativas Audiovisuais e Historia da Videoarte no '"Intituto Europeo di Design".
[editar] Obra
[editar] Vídeo
- Hansel y Gretel (15’), (1997).
- Cronología (9’).
- La voz humana (7’), (1997).
- A Sereíña (22’) , (1997). Con Chus Pato e María Esteirán.
- ethics of the care (17’), (1999).
- new flesh (9’), (2001).
- La memoria interior (32’40’’), (2002).
- Ficciones anfibias (33’), (2005).
- Las narrativas del trabajo (28’), (2005). En colaboración con Virginia Villaplana e Montse Romaní.
- Plan Rosebud. Sobre documentalidades, lugares e políticas de memoria (2008). Proxecto de investigación interdisciplinar centrado na representación dos dispositivos de control sobre os corpos e as subxectividades durante a longa ditadura de Franco e a Transición.