See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
John F. Kennedy - Wikipedia

John F. Kennedy

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

John F. Kennedy.
John F. Kennedy.

John Fitzgerald Kennedy (29 de maio de 191722 de novembro de 1963), con frecuencia referido como Jack Kennedy ou JFK, foi o presidente número 35 de Estados Unidos de América (19611963).

John Fitzgerald Kennedy pasou á historia como un dos presidentes máis recordados tanto pola súa idiosincrasia (foi o presidente de EE.UU. elixido máis novo, e o primeiro e único ata o momento de relixión católica) como pola súa tráxica morte nun atentado.

Índice

[editar] Segunda Guerra Mundial

A súa familia era de orixe irlandés. O seu pai, o doutor Joseph Kennedy, era embaixador de EEUU en Gran Bretaña xusto antes da Segunda Guerra Mundial e posuía unha das maiores fortunas do país.

John F. Kennedy convértese nun heroe de guerra. A bordo do seu patrulleiro PT109 foi atacado por un patrulleiro xaponés. Permaneceu durante 30 horas no mar, a fin de manter con vida a algúns compañeiros gravemente feridos. Deste xeito agravou unha lesión de costas que sufrira xogando ao fútbol americano, e que lle causaría molestias durante toda a súa vida.

O seu irmán maior morreu en combate durante a guerra, polo que John tivo que tomar as responsabilidades propias da ambición política que o seu pai tiña para o clan familiar.

[editar] Vida Política

A comezos dos anos 1950 convértese en senador polo estado de Massachusetts.

Como candidato demócrata gañou na elección presidencial de 1960 ao entón vicepresidente, Richard Nixon e o seu mandato só durou aproximadamente mil días. Durante ese tempo tiveron lugar varios feitos salientables na historia de EE.UU.: a aceleración da carreira espacial, o aumento do papel de Estados Unidos na Guerra de Vietnam e a invasión de Baía de Cochinos, que desencadeou a crise dos mísiles de Cuba en 1962. Negociacións entre o goberno de Kennedy e Nikita Khrushchev, conseguiron deter as hostilidades; así a todo, durante toda a historia da Guerra Fría xamais se estivo tan preto dunha confrontación armada directa entre as dúas potencias.

En canto a Latinoamérica, lanzou o seu programa "Alianza para o Progreso", que pretendía lograr un maior achegamento entre as diferentes nacións de América, con respecto a EEUU, para deste xeito afastalas da influencia soviética, encarnada en Cuba. Froito deste plan foi o xurdimento de Cidade Kennedy, que na actualidade é o barrio máis grande de Bogotá, con máis dun millón de habitantes.

Internamente tivo un importante labor en promover os dereitos civís da poboación afroamericana, especialmente nos estados do sur, onde seguían sufrindo unha forte segregación. Así mesmo polo seu carisma foi unha fonte de inspiración para que moitos estadounidenses se involucraran social e politicamente na actividade pública.

A súa administración chocou contra varios poderes do país. A orixe dubidosa de parte da fortuna familiar (o seu pai traficou con licor durante a lei seca) ligábao a membros da mafia de EEUU, especialmente a Sam Giancana. Esta situación, sumada á política recalcitrante do seu irmán menor e Fiscal Xeral (equivalente en EE.UU. a Ministro de Xustiza) Robert F. Kennedy, fixo que o presidente se atopase no medio dun conflito de intereses, fóra do normal. A isto había que sumar a confrontación aberta dos Kennedy (en especial Robert) co principal xefe sindical do país, Jimmy Hoffa.

[editar] O enigma da súa morte

Kennedy foi asasinado en Dallas o 22 de novembro de 1963 durante unha viaxe oficial. Lee Harvey Oswald foi detido, acusado de cometer o atentado. Este último foi á súa vez asasinado por Jack Ruby antes de que puidese testemuñar nun xuízo.

Este atentado afectou enormemente á sociedade estadounidense. Hoxe en día son poucos os estadounidenses que cren que o doutor John F. Kennedy foi asasinado por Lee Harvey Oswald, ou que o fixo en solitario. Existen ata numerosas hipóteses de conxura nas cales se implica á CIA, o FBI, ao goberno cubano de Fidel Castro, ou aos exiliados cubanos.

Rodáronse varias películas sobre a súa morte:

  • Acción executiva, de Dalton Trumbo
  • JFK, caso aberto, de Oliver Stone.

[editar] Ver mais información da atualidade

Un museo de Dallas difunde novas imaxes do asasinato do ex presidente Kennedy (en castelán)


Presidente dos Estados Unidos

Segue a:
Eisenhower
John F. Kennedy
Precede a:
Lyndon B. Johnson
Partido Demócrata
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -