Henrique de Borgoña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Henrique de Borgoña (1066 — Astorga, 24 de abril de 1112) foi conde de Portugal desde 1093 ata a súa morte. Fillo de Henrique de Borgoña, herdeiro de Roberto de Borgoña e de Beatriz ou Sibila de Barcelona.
Veu á Península Ibérica seguindo o camiño que emprendera o seu curmán Raimundo de Borgoña, chegando entre o 1087 e 1092 e serviu ao rei Afonso VI casando con Tereixa, filla natural súa e entregándolle como herdanza o condado Portucalense.