Guerra de Suez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Crise de Suez A Guerra do Sinaí |
|||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Imaxe:HM Ships Eagle, Bulwark, and Albion.jpg HMS Eagle, Bulwark, e Albion da Royal Navy. |
|||||||||
|
|||||||||
Combatentes | |||||||||
Israel Reino Unido Francia |
Exipto | ||||||||
Efectos | |||||||||
Mortes: 197 israelís 56 británicos 10 franceses |
Mortes: 650 | ||||||||
Feridos: 91 británicos 43 franceses |
Feridos: 2900 |
A Crise de Suez, tamén coñecida como a Guerra de Suez ou a Guerra de 1956 (en árabe أزمة السويس - العدوان الثلاثي; en hebreo מבצע קדש), foi unha guerra librada en territorio exipcio en 1956. O conflito situou a Exipto contra Israel, o Reino Unido, e Francia.
Durante a época colonial británica, a Canle de Suez tiña sido importante no Oriente Medio, así como para a penetración en África e no mantemento do control sobre a India. Por ista razónos británicos consideraban importante manter o canle fora do control exipcio. Así, en 1875, Isma'il Pasha, baixo a presión da débeda externa, vendeu a súa franxa do canle ó Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, e a Convención de Constantinopla (1888) declarou o canle zona neutral baixo protección británica.
O Reino Unido gañou control sobre o canle co Tratado anglo-exipcio de 1936. De todos xeitos, en 1951 Exipto declarou nulo este tratado, e en 1954 o Reino Unido aceptou retiralo.
O Rino Unido obxectou fortemente a nacionalización do lider exipcio Gamal Abdel Nasser da Suez Canal Company o 26 de xullo de 1956. Nesta época, dous terzos do petróleo europeoeran importados a través do canle.
A alianza militar entre o Reino Unido, Francia e Israel era unha lonxeva alianza de conveniencia; as nacións europeas tiñan intereses económicos e comerciais no canle, mentres que Israel quería reabrir o canle para a pescae o remate das incursions dos fedayin apoiados por Exipto e dos golpes relámpago.
Cando a Unión Soviética ameazou con intervir en beneficio de Exipto, o Secretario de estado de Asuntos Exteriores de Canadá Lester B. Pearson temeu unha longa guerra e propuxo un plan para separar as forzas rivais mediante o establecemento de forzas das Nacións Unidas entre elas para actuar como 'escudos humanos'.