Godescalco de Benevento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Godescalco [1] (morreu en 743) foi duque de Benevento desde 740 ata o seu asasinato. Godescalco subiu ao trono sen a aprobación do rei.
Co contemporáneo retorno de Trasimundo II ao poder en Spoleto, a cólera de Liutprando caeu sobre a Italia meridional. Tras ocuparse de Trasimundo, Liutprando volveuse cara Benevento, onde Godescalco se aprestaba a fuxir. O duque xa cargara un barco con provisións e coa súa familia e esposa, Anna, cando o matou o pobo, fiel á memoria de Romualdo II. A súa muller e familia escaparon a Grecia.
[editar] Notas
- ↑ tamén escrito Gottschalk ou Gotteschalchus.
[editar] Fontes
- Paulo Diácono. Unha tradución ao inglés da Historia Langobardorum. Dispoñíbel en Northvegr.
Ducado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Gregorio de Benevento |
Godescalco de Benevento | Precede a: Xisulfo II de Benevento |
- |