See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Emar - Wikipedia

Emar

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Emar foi unha cidade nas ribeiras do Éufrates, ao sur de Karkemish, no lugar onde o Eufrates fai un xiro, a uns 100 km ao leste de Alepo.

Importante centro comercial fundado no terceiro milenio, Emar é mencionada nas taboíñas atopadas en Ebla como centro comercial xa sobre o -2500 (cando estaba baixo influencia de Ebla) e nas de Mari sobre o -1800 ac (cando estaba baixo influencia de Iamkhad).

Sobre o -1300 foi trasladado do seu emprazamento inicial a un lugar non demasiado distante ao oeste (uns 500 metros), un chisco máis elevado, debido a unha mudanza de curso do río, traslado obra do rei hitita Suppiluliumas I ou do seu fillo Mursilis II e foi a capital do chamado país de Ashtata, vasalo do reino de Karkemish. A monarquía de Emar foi establecida sobre o século –XIII, pero o poder efectivo permaneceu en mans do consello de anciáns e os clans. O sistema feudal coñecido como ilku era similar ao de Ugarit.

As taboíñas mencionan os anos de desastres, guerras e a venda de propiedades ou de rapaces como escravos para facer fronte á fame durante os anos de desastres.

A orixe da monarquía é pouco coñecida, dado que a cidade non tiña antecedentes monárquicos. Probabelmente estea relacionado co establecemento dunha fortaleza defensiva contra o incremento do poder de Asiria. Un dos textos explica un golpe de estado durante o reino dun dos seis reis que tivo a cidade, no que participaron activamente os hupsu, un grupo social marxinado. Sobre o -1200 menciónanse ataques de grupos hurritas e dun grupo descoñecido chamado os tarwu, talvez un grupo dos pobos do mar; tamén os arameos tiñan incidencia na zona neste tempo. Non hai dúbida que os asirios non tiveron que ver no final da cidade que se produciu sobre o -1187, debido ao lume, como testemuñan as escavacións.

En época bizantina repoboouse e chamouse Barbalissos, e baixo os árabes foi chamada Balis.

O moderno lugar de Tell Meskéné foi escavado por Jean-Claude Margueron entre 1972 e 1976 e sacáronse á luz templos (entre eles o chamado templo de Devin onde se atopou unha biblioteca con textos sagrados rituais e literarios) e casas e 900 taboíñas cuneiformes, moitas escritas en acadio, un centenar en hurrita e un par en hitita. Actualmente coñécense preto de 1200. Os estudos serían publicados por Daniel Arnaud nos anos oitenta do século XX. En 1996 recomezaron as escavacións, baixo a dirección do alemán Uwe Finkbeiner.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -