Distrito de Viseu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Distrito de Viseu é un distrito portugués pertencente, na súa maior parte, á província tradicional da Beira Alta, mais incluíndo tamén concellos pertencentes ao Douro Litoral e a Tras-os-Montes e Alto Douro. Limita a Norte co Distrito do Porto, o Distrito de Vila Real e o Distrito de Bragança, ao Leste co Distrito da Guarda, ao Sur co Distrito de Coimbra e ao Oeste co Distrito de Aveiro. É o único distrito portugués que non linda nen co mar nen con España. Área: 5007 km² . Poboación residente (2001): 394.927 habitantes. Capital do distrito: Viseu.