See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Dinastía Xia - Wikipedia

Dinastía Xia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A dinastía Xia (chino: 夏, pinyin: Xià, Wade-Giles: Hsia), que segundo as crónicas chinas durou dende o século XXI a. C. ao século XVI a. C., é considerada como a primeira dinastía na historia china. Las memorias históricas de Sima Qian recollen os nomes dos 17 reis de esta dinastía. Foi seguida pola dinastía Shang e, segundo o relato de Sima Qian, precedida polo periodo lexendario dos tres augustos e cinco emperadores.

O carácter 夏 de esta dinastía forma parte doo nome da rexión china actual de Ningxia, e aparece tamén no nome poético de China Huáxià (華夏).

Índice

[editar] Verosimilitude da dinastía Xia

Con anterioridade ás excavacións feitas en 1928 en xacementos da idade de bronce en Anyang, provincia de Henan, non había indicios arqueolóxicos da existencia dos Xia. Dende entón, numerosas excavacións confirman a existencia dunha cultura do bronce que pode identificarse cos Xia. En 1959, excavouse un xacemento en Erlitou, na cidade de Yanshi (Henan), no que se atoparon dous grandes pazos e que se cre que puido ser a capital da dinastía. Segundo a datación co carbono-14 poden pertenecer ao año 2100 ou 1800 a. C.

Extensión territorial da dinastía Xia
Extensión territorial da dinastía Xia

Independentemente da verosimilitude das historias lexendarias sobre os reis Xia que aparecen escritas en crónicas moi posteriores, coma a de Sima Qian, pódese considerar á civilización Xia coma un periodo evolutivo de transición entre as culturas neolíticas, coma a de Longshan, e a sociedade urbana dos Shang. Na interpretación marxista da historia que fora habitual na República Popular China, a sociedade Xia está considerada unha sociedade escravista.

O territorio controlado polos Xia abarcaría aproximadamente a actual provincia de Henan e parte do oeste de Shandong e do sur de Hebei.

[editar] Historia da dinastía

Segundo as crónicas chinas, antes da dinastía Xia establecérase unha especie de alternancia no poder entre as varias tribos que ocupaban a zona. Á morte de Yu el Grande, primeiro emperador da dinastía, debía sucederle no poder a tribo Yi, mais foi o seu fillo Qi o que se fixo co poder. A demais tribos declararon a guerra aos Xia que, tras vencelas, instaurou a dinastía. Non obstante, os demais pobos non admitirían este control dos Xia, polo que as guerras serían constantes. O derradeiro rey Xia, Jie (桀, Jié), foi un tirano, cuxo reinado cruel acabou coa derrota militar ante os Shang, pobo procedente do leste, cuxo líder, Tang (湯, Tāng), fundou a nova dinastía.

[editar] Reis da dinastía Xia

Segundo As memorias históricas de Sima Qian, os dezasete soberanos da dinastía Xia foron os siguintes:

Orden de
reinado
Anos de
reinado
Nome en
Chino
Pinyin Notas
01 45 Tamén chamado Yu o Grande (大禹, Dà Yǔ)
02 10
03 29 太康 Tai Kang  
04 13 仲康 Zhòng Kāng  
05 28 Xiāng  
06 21 少康 Shǎo Kāng  
07 17 Zhù
08 26 Huái  
09 18 Máng  
10 16 Xiè  
11 59 不降 Bù Jiàng  
12 21 Jiōng  
13 21 Jǐn  
14 31 孔甲 Kǒng Jiǎ
15 11 Gāo  
16 11
17 52 Jié| Tamén chamado Lu Gui (履癸, Lǚ Guǐ)

O nome do reinado é ás vegadas precedido polo da dinastía. Por exemplo: Xia Yu (夏禹).

[editar] Véxase tamén


[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -