Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán foi unha declaración de principios da Asemblea Constituínte francesa, realizada o 26 de agosto de 1789, que foi o prefacio á Constitución de 1791.
Baseouse na teoría da vontade xeral de Rousseau e na división de poderes de Montesquieu así como nos dereitos naturais que defendían os chamados enciclopedistas.
[editar] Aplicación actual
A maioría dos principios establecidos na Declaración teñen sido incorporados ás modernas constitucións occidentais, e por suposto, á Constitución española de 1978, así como aos tratados internacionais tanto globais (ONU) coma rexionais (tratados da Unión Europea)
De acordo ao preámbulo da Constitución da Quinta República de Francia (adoptada o 4 de outubro de 1958, e actual constitución do dito país), os principios descritos na Declaración teñen valor constitucional. Moitas leis e regulacións foron canceladas porque non cumprían con eses principios segundo o interpretado polo Consello Constitucional Francés ou Conseil d'État ("Consello de Estado").
Moitos dos principios da declaración de 1798 teñen implicacións indirectas hoxe en día:
- O dereito á vida
- O dereito á igualdade
- O principio de legalidade,
- As liberdades políticas
- O recoñecemento do dereito á propiedade privada
Non obstante, hai que ter en conta que a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán foi un produto da Revolución Francesa e nese contexto de ruptura hai que entendela.