Cuboku
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cuboku é o nome dunha variación do Cubo de Rubik no que en cada cara está os números do 1 ao 9 como nunha grella dun Sudoku. Isto fai que a resolución do cubo sexa un pouco máis difícil que a dun cubo de Rubik convencional porque cada número debe ir no seu lugar adecuado e os cubiños do centro deben ter tamén a orientación correcta. Os demais cubiños alinearanse unha vez que estean na súa posición exacta como se fose un cubo de Rubik común.
Esta variante está dispoñible nos tamaños 3×3×3 e 4×4×4. O que merca o cuboku acostuma notar que realmente non é un cubo de Rubik con números escritos nel. Se o cubo está coloreado de maneira que este pode ser resolto tan só mirándolle ás cores, non é un cuboku.
Índice |
[editar] Descrición
O deseño das pezas do cubo de Rubik permite xirar as súas caras sen que o cubo se desarme, e para buscar a súa solución hai que conseguer que cada cara sexa dunha mesma cor. No cuboku as caras dunha mesma cor foron substituídas por rexións de sudokus. Se se observa a cara superior do cuboku observarase que non pode ser un sudoku, posto que hai números que se repiten na mesma fila ou columna, o que vai en contra da principal regra dos sudokus.
[editar] Consellos para resolver un cuboku
- A solución dos 6 sudokus principais do cuboku implica que todos os números das rexións que os compoñen teñan a mesma orientación.
- En primeiro lugar hai que buscar un dos laterais, tentando que todos os números se orienten na mesma dirección.
- Unha vez que se descobre un sudoku nunha cara xa están correctamente colocadas as rexións contiguas das caras laterais.
- Hai que ter en conta en todo momento as regras do sudoku.
[editar] Os números do cuboku
Un cuboku está formado por 27 cubiños, 26 visibles e un deles oculto (como no cubo de Rubik).
- Hai 8 cubiños de esquiña, que mostran 3 caras ao exterior.
- Son 12 os cubiños con dúas caras visibles.
- No centro de cada unha das 6 caras do cuboku hai un cubiño que só mostra unha cara ao exterior.
- Cada cara dun cubiño mostra unha rexión dun sudoku, o que implica que o cuboku contén 54 rexións coas que se forman 6 sudokus principais.
- O número de sudokus posibles, sen ter en conta a orientación das rexións, non está calculado e é o reto do cuboku.