Chisqueiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un chisqueiro ou tamén chamado acendedor é un aparello empregado para acender outra sustancia que será a encargada de manter a chama por máis tempo.
Os primeiros chisqueiros (que mereceran tal nome) consistían nun tubo, duns 6.8 milímetros de diámetro (xeralmente de latón), polo que discorría un fío de algodón. En outro tubo paralelo había un coto mantida cun muelle e un parafuso contra unha roda estriada que, facéndoa xirar cun dedo, producía faíscas que acendían o fío. Unha vez empregada a brasa producida no fío, retraíase esta dentro do seu tubo cunha tapadeira amarrada cun arame, que apagaba a brasa por sufocación (falta de osíxeno para a combustión).
Os acendedores posteriores, non tiñan fío e estaban formados por un depósito que almacena o combustible (bencina, butano e outros), unha pedra que provoca a faisca por roce e un mecanismo para apagar a chama de xeito cómodo por falta de osíxeno.
Os actuais non empregan pedra, senón un sistema electrónico que produce unha chispa. Son moito menos lonxevos que os de pedra, pero moito máis baratos.
Unha variante de estes é o de cociña, que non contén ningún combustible e só fai faiscas, que acende o gas da cociña ou aquecedor. Funciona ben cos gases propano e butano, mais non tan ben co gas natural, que ten unha temperatura de ignición máis alta, que non sempre alcanza a faisca.
Os chisqueiros de fío e gasolina chámanse Zippos, por mor da marca que os popularizou.
Índice |
[editar] Historia
O primeiro chisqueiro, chamado Lámpada de Döbereiner, foi inventado por Johann Wolfgang Döbereiner no 1823 e mantívose en produción até o 1880.
[editar] Chisqueiro de tabaco nos automóbiles
A maioría dos automóbiles teñen un acendedor eléctrico formado por un cable polo cal pasa unha corrente de 15 a 20 amperios, a cal en poucos segundos quenta o acendedor. Unha vez se tórna cor encarnado, é quen de acender o tabaco.