Calella
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Calella é un concello catalán de 17.673 habitantes (2006) situado na comarca do Maresme, na provincia de Barcelona. Para diferenciala de Calella de Palafrugell é denominada á veces Calella de la Costa.
Índice |
[editar] Situación
Calella está ubicada 56 km ao norte da cidade de Barcelona, e dista 25 km de Mataró, cabeza da comarca, ao pé do Mar Mediterráneo. O seu termo municipal limita con os concellos de Sant Pol de Mar a suroeste, Pineda de Mar a nordeste, Sant Cebrià de Vallalta a noroeste, e co mar a suleste.
[editar] Entidades de poboación
O concello de Calella, que se estende por 8,01 km², conta coas seguintes localidades:
- Calella............15.304 habs.
- Can Carreres........42 habs.
- Kilòmetre Tres......26 habs.
- Parc de Calella...446 habs.
- Sant Quirze........118 habs.
- Valldenguli..........72 habs.
[editar] Localidade turística
Nos últimos decenios do século XX Calella sufríu un rápido desenrolo turístico, iniciado na década de 1950, e culminado nos decenios que seguiron ao ano 1970.
Os principais afluxos turísticos procederon da Alemaña, de xeito tal que a localidade foi popularmente chamada Calella dos alemáns. A poboación estival chegaba a ser o triple da que reside no período invernal.
Actualmente o turismo provén principalmente de toda Europa occidental: de Italia e de Gran Bretaña sobretodo, máis tamén de Alemaña, Holanda e Francia. Mais acuden tamén numerosos turistas do leste de Europa (Rusia, República Checa, Eslovaquia e Polonia).
[editar] Sitios de interese
Lugares de interese, ademais das praias, son a Praza de El Bunyol, as vellas torres do telégrafo, o Parque Dalmau e o paseo marítimo Manuel Puigverd.
Por outra banda, existe durante o verán unha serie de actividades gratuítas para turistas denominasa Calella activa, as que se pode facilmente aderir buscando nos puntos de información.