Brigadas Internacionais
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Brigadas Internacionais constituían unidades militares do exército da República Española durante a Guerra Civil formadas por voluntarios de diferentes países para loitar contra o exército franquista. Estímase que houbo 59.380 brigadistas estranxeiros de 54 países, dos cales morreron 9.934, ainda que o total de militantes foi 35.252, non superando os 20.000 ao tempo, na súa maioría non foron soldados senón traballadores reclutados polos partidos comunistas de cada país. Os franceses constituíron a nacionalidade máis importante. A súa base estaba en Albacete.
A idea das Brigadas Internacionais partiu do Komintern, nun principio o goberno da República rexeitou a idea, pero logo diante as dificulades da guerra autorizouna formalmente o 23 de outubro, a sede internacional de reclutamenteo estableceuse en París, o núcleo das primeiras Brigadas Internacionais estableceuse con 300 dos atletas que acudiran aos Xogos Populares de Barcelona e que decidiran organizar unha brigada para combater en España.
As brigadas participaron na defensa de Madrid de 1936, as batallas de Jarama, Guadalajara, Brunete, Teruel, Aragón e o Ebro. O 23 de setembro de 1938 disolveuse ao chegar un acordo o goberno republicano co Comité de non intervención.