Base nitroxenada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As bases nitroxenadas son compostos orgánicos cíclicos, que inclúen dous ou máis átomos de nitróxeno. Son parte fundamental dos nucleósidos, nucleótidos e ácidos nucleicos. Bioloxicamente existen cinco bases nitroxenadas principais, que se clasifican en dous grupos, bases púricas (derivadas da estrutura da purina) e bases pirimidínicas (derivadas da estrutura da pirimidina). A adenina (A) e a guanina (G) son púricas, mentres que a timina (T), a citosina (C) e o uracilo (U) son pirimidínicas. As catro primeiras bases atópanse no ADN, mentres que no ARN en lugar de timina existe o uracilo.
Por comodidade, cada unha das bases represéntase pola letra indicada. Un punto fundamental é que as bases nitroxenadas son complementarias entre si, é dicir, forman parellas de igual maneira que o farían unha chave e a súa pechadura. A adenina e a timina son complementarias (A-T), ó igual que a guanina e a citosina (G-C). Dado que no ARN non existe timina, a complementariedade establécese entre adenina e uracilo (A-U). A complementariedade das bases é a clave da estrutura do ADN e ten importantes implicacións, pois permite procesos como a replicación do ADN e a tradución do ARN en proteínas.
Unha táctica de lembrar as asociacións é a seguinte: C-G (Carlos Gardel) e A-T (Anibal Troilo). Outra táctica é G-C (Garda Civil), e A-T (Axencia de Transporte).
[editar] Estrutura
- O "esqueleto" de adenina, guanina, hipoxantina e xantina é a purina, polo que toman o nome de bases purínicas.
- O "esqueleto" de citosina, uracilo e timina é a pirimidina, son bases pirimidínicas.
[editar] Purinas
Nucleobase | Nucleósido |
---|---|
Adenina |
Adenosina A |
Guanina |
Guanosina G |
[editar] Pirimidinas
Nucleobase | Nucleósido |
---|---|
Timina |
Timidina T |
Citosina |
Citidina C |
Uracilo |
Uridina U |
bioquímicas | Principais familias||
Ácidos nucleicos | Alcaloides | Aminoácidos | Carbohidratos | Carotenoides | Cofactores enzimáticos | Esteroides | Flavonoides | Glicósidos | Lípidos | Péptidos | Policétidos | Tetrapirroles | Terpenos | ||
Análogos de ácids nucleicos: | Tipos de Ácidos nucleicos | Análogos de ácids nucleicos : |
Bases Nitroxenadas: | Adenina | Timina | Uracilo | Guanina | Citosina | Purina | Pirimidina | |
---|---|---|
Nucleósidos: | Adenosina | Uridina | Guanosina | Citidina | Desoxiadenosina | Timidina | Desoxiguanosina | Desoxicitidina | |
Nucleótidos: | AMP | UMP | GMP | CMP | ADP | UDP | GDP | CDP | ATP | UTP | GTP | CTP | AMPc | GMPc | ADPRc | |
Desoxinucleótidos: | dAMP | TMP | dGMP | dCMP | dADP | TDP | dGDP | dCDP | dATP | TTP | dGTP | dCTP | |
Ácidos ribobonucleicos: | ARNm | ARNt | ARNr | ARNn | ARNnc | ARNmi | |
Ácidos desoxiribonucleicos: | ADMmt | ADNc | |
Análogos de àcidos nucleicos: | AGN | APN | ATN | Morfolí | ARNin | |
Secuencias: | Plasmidio | Cósmido | CAB | CAH | Cromosoma | Oligonucleótido |