Autódromo Enzo e Dino Ferrari
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Autodromo Enzo e Dino Ferrari (autódromo de 4,9 km situado en Imola, Italia, a 40 quilómetros ao leste de Bolonia e 80 quilómetros ao leste da fábrica Ferrari en Maranello. Para que ese país puidese ser anfitrión de dous Grandes Premios de Fórmula 1, determinouse que, como Imola queda preto de San Mariño, esta carreira chamásese Gran Premio de San Mariño.
) é unO circuíto leva o nome de Ferrari, en lembranza do seu fundador Enzo e do seu fillo Dino, que morrera na década de 1950. Antes da morte de Enzo Ferrari en 1988 chamábase "Autodromo Dino Ferrari '. Cando a Fórmula 1 visita Imola, é visto como o "circuíto de casa" de Ferrari e das masas tifosi (seguidores de Ferrari) apoiando ó seu equipo. Imola, como e coloquialmente coñecido, é un dos circuítos que van en contra da dirección das agullas do reloxo. (Istanbul Racing Circuit e o Autódromo José Carlos Pace en Interlagos, Brasil son outros dos circuítos con esta característica). Construído na década de 1950, Imola foi popular entre os condutores debido a sua rapidez.
Neste circuíto atópase a Curva de Tamburello que é unha das máis coñecidas no mundo da Fórmula 1 pola súa estreiteza e pola rapidez en que debía ser tomada. É a primeira curva do circuíto. Na súa orixe, esta curva era unha das máis rápidas do circuíto, onde non se levantaba apenas o pedal do acelerador.
Ayrton Senna, o mítico piloto e tricampión do mundo e Roland Ratzenberger perderon a vida en sendos accidentes no Gran Premio de San Mariño de 1994. Ratzenberger nos adestramentos do sábado na (curva Gilles Villeneuve) e Senna no curvón Tamburello na sétima volta de carreira o 1* de maio cando ocupaba a primeira posición e chocou debido a causas que ata hoxe en día non se aclararon.
Por causa destes accidentes, o circuíto foi modificado, engadindo unha chicane antes de Tamburello que retarda o paso pola curva, facéndoa máis segura pero quitándolle a dificultade que posuía. Por outra banda a curva Gilles Villeneuve pasou a ser unha chicane co fin de reducir a velocidade coa que se afrontaba.
Tamén o brasileiro Rubens Barrichello tivo un accidente que estivo a piques de custarlle a vida neste Gran Premio e que lle privou de disputar ese GP e mantívoó un tempo afastado das pistas.
Cabe destacar que o curvón Tamburello foi testemuña tamén doutros accidentes como o de Gerhard Berger no Gran Premio de San Mariño de 1989 no cal, logo de estrelarse contra o muro, o seu Ferrari comezou a arder. Por fortuna Berger sobreviviu a tan brutal accidente, a pesar das graves queimaduras que sufriu.
Despoís das reiteradas críticas polo obsoleto das suas infraestructuras, o circuíto e obxecto de vastos traballos de mellora que levan á desaparición do Gran premio de San Mariño do calendario dos campionatos de 2007 e 2008.
[editar] Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Imola
Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1980 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 1:38:07,520 h | 5,040 km | 60 | 184,906 km/h | 14. Setembro | Italia |
1981 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 1:51:23,970 h | 5,040 km | 60 | 162,873 km/h | 3. Maio | San Mariño |
1982 | Didier Pironi | Ferrari | 1:36:38,887 h | 5,040 km | 60 | 187,733 km/h | 25. Abril | |
1983 | Patrick Tambay | Ferrari | 1:37:52,460 h | 5,040 km | 60 | 185,381 km/h | 1. Maio | |
1984 | Alain Prost | McLaren-TAG-Porsche | 1:36:53,679 h | 5,040 km | 60 | 187,255 km/h | 6. Maio | |
1985 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 1:34:35,955 h | 5,040 km | 60 | 191,799 km/h | 2. Agosto | |
1986 | Alain Prost | McLaren-TAG-Porsche | 1:32:28,408 h | 5,040 km | 60 | 196,208 km/h | 27. Abril | |
1987 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:31:42,076 h | 5,040 km | 59 | 194,562 km/h | 3. Maio | |
1988 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:32:41,264 h | 5,040 km | 60 | 195,754 km/h | 1. Maio | |
1989 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:26:51,245 h | 5,040 km | 58 | 201,939 km/h | 23. Abril | |
1990 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:30:55,478 h | 5,040 km | 61 | 202,876 km/h | 13. Maio | |
1991 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:35:14,750 h | 5,040 km | 61 | 193,671 km/h | 28. Abril | |
1992 | Nigel Mansell | Williams-Renault | 1:28:40,927 h | 5,040 km | 60 | 204,596 km/h | 17. Maio | |
1993 | Alain Prost | Williams-Renault | 1:33:20,413 h | 5,040 km | 61 | 197,625 km/h | 25. Abril | |
1994 | Michael Schumacher | Benetton-Ford | 1:28:28,642 h | 5,040 km | 58 | 198,234 km/h | 1. Maio | |
1995 | Damon Hill | Williams-Renault | 1:41:42,552 h | 4,895 km | 63 | 181,922 km/h | 30. Abril | |
1996 | Damon Hill | Williams-Renault | 1:35:26,156 h | 4,892 km | 63 | 193,761 km/h | 5. Abril | |
1997 | Heinz-Harald Frentzen | Williams-Renault | 1:31:00,673 h | 4,930 km | 62 | 201,509 km/h | 27. Abril | |
1998 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 1:34:24,593 h | 4,930 km | 62 | 194,255 km/h | 26. Abril | |
1999 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:33:44,792 h | 4,930 km | 62 | 195,630 km/h | 2. Maio | |
2000 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:31:39,776 h | 4,930 km | 62 | 200,077 km/h | 9. Abril | |
2001 | Ralf Schumacher | Williams-BMW | 1:30:44,817 h | 4,933 km | 62 | 202,062 km/h | 15. Abril | |
2002 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:29:10,789 h | 4,933 km | 62 | 206,190 km/h | 14. Abril | |
2003 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:28:12,058 h | 4,933 km | 62 | 207,895 km/h | 20. Abril | |
2004 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:26:19,670 h | 4,933 km | 62 | 212,406 km/h | 25. Abril | |
2005 | Fernando Alonso | Renault | 1:27:41,921 h | 4,933 km | 62 | 209,086 km/h | 24. Abril | |
2006 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:31:06,486 h | 4,959 km | 62 | 202,323 km/h | 23. Abril |
Record: M.Schumacher (7 Veces)
[editar] Enlaces externos
- Sitio oficial do autódromo (en italiano)
- Sitio da Comuna de Imola (en italiano)
- [http://maps.google.com/maps?q=imola. italy