Atenulfo III de Benevento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atenulfo III, chamado Carinola, foi copríncipe de Capua e Benevento desde 933, cando o seu pai, Landulfo I, e tío, Atenulfo II, o nomearon. O seu irmán máis novo Landulfo o Vermello sucedeu ao copríncipe Atenulfo en 939 ou 940. Cando o Landulfo máis vello morreu o 10 de abril de 943, o Landulfo máis novo enviou ao seu irmán máis vello Atenulfo a Benevento e a Landulfo, fillo do seu tío Atenulfo a Capua. Temerosos polas súas vidas, fóronse refuxiar onda Guaimaro II de Salerno e Landulfo o Vermello converteuse en príncipe en solitario.
Atenulfo III casou con Rotilda, filla de Guaimaro II e a súa promeira muller. Foi un matrimonio diplomático.
[editar] Fontes
- Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: IV Arconati – Bacaredda. Rome, 1962.